MAGOSTO

O pasado venres día 12 festexamos o Magosto e queremos compartir convosco unha mostra de todo o que vivimos nesa marabillosa xornada, na que contamos coa colaboración especial da ANPA coa preparación e dinamización das actividades. 

 

Mascotas da biblioteca

Queremos presentarvos a todas as mascotas candidatas para substitutas de Leonarda. Xa temos unha nova mascota que nos acompañará en moitas aventuras. Só queda poñerlle un nome!!!! O xoves é o último día!!! 

 

Tesouros baixo a terra!

Formación de usuarios

Xa temos unha pequena mostra da formación de usuarios. Todas as aulas de primaria tiveron a sorte de participar nestas actividades tan chulísimas do proxecto "Debaixo da terra, debaixo da auga". Non todo é o que asemella!!! Remeximos como arqueólogos e arqueólogas ata atopar un fósil!!! Atopamos no acuario algunhas cunchas que non coñecíamos e ata un ovo de mantarraia!!! Na mini horta atopamos pirixel, porros, cenorias e LIXO!!!

Tamén riscamos debaixo do negro, que parecía non agochar nada pero....

Mirade que ben o pasamos!!!!

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Comunícase o procedemento para desenvolver as eleccións do Consello Escolar no curso 2021-2022.

 

Prégase a implicación das familias neste proceso xa que a vosa presenza no Consello Escolar é moi necesaria.

 

Para ver a información facede click no documento adxunto.

Samaín

Nestas terroríficas datas, no Ceip Josefa Alonso tivemos unha morea de actividades!!! Mirade que cabazas tan chulas!! Coa bruxa bebemos unha queimada multicolor que nos converteu nos monstros máis monstruosos!!!!

Club de lectura

 Comezamos o club de lectura co libro "Palabras de caramelo". Xa temos casi lista a primeira reunión. Podedes ver o trailer e animarvos a ler o libro. É moi pero que moi especial e fermoso. 

Na sesión de acollida do club de lectura repartimos uns "caramelos" que xa veredes o chulos que van quedar!!! Tamén vimos o trailer que nos motivou moitísimo para poder ler o libro con máis ganas!!!

 

 

Primeira feira vegana de Galicia

 Este fin de semana podedes gozar da primeira feira vegana e sostible de Galicia. Hai unha morea de actividades para nenos/as: contacontos, obradoiros de horta, cociña... 

Na nosa biblioteca podedes ler moitos libros relacionados coa horta, as plantas, as froitas... no andel de "Ciencias aplicadas". 

Picade na imaxe para acceder ao blog "Vigo peques" e ler toda a información!!!!

 

 

Debaixo da terra, debaixo da auga

Como sabedes, este ano o proxecto sobre o que imos aprender moitas cousas é sobre o libro "Debajo de la tierra, debajo del agua". En breve poderedes ver as fotos da formación de usuarios onde fuchicamos moitísimo debaixo da terra e tamén da auga.

 

 

Unha serea poeta

O alumnado de 3º EP, traballou o poema "Unha serea poeta" de Antonio García Teijeiro. Tamén experimentaron os efectos do green screen. Mirade que chulo lles quedou!!! Podedes coller na biblioteca, na zona amarela de poesía, moitos dos libros que escribiu este poeta. De seguro encantaranvos!!!!

 

Distribuir contido