XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

No corazón do bosque

O alumnado de 4º EP e 6º EP compartiu un rato agradable de lectura co libro "En el corazón del bosque" de Agustín Fernández Paz. Apuntaron moitas frases interesantes que compartiron co resto de trasnos e trasniños. Elba fixo unha merenda moi moi saborosa!!! Aanimámosvos a que leades este libro tan chulo que temos na biblioteca, e de paso, a que visitedes as Fragas do Eume. Esta historia está ambientada nas fermosas paisaxes das Fragas do Eume.

FESTIVAL DE NADAL

E por fin recuperamos o noso festival de Nadal! Que ganas tiñamos e que ben o pasamos! As actuacións dos nenos e nenas foron fantásticas e logo recibimos unha magnífica sorpresa... viñeron os Reis Magos!!! Rematamos o día compartindo unha riquísima merenda con doces de Nadal. Que mañá máis bonita! Felices festas a todos!!!

 

A aventura de vivir a vida

As alumnas e alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria de relixión participan no proxecto de intercentros "A aventura de vivir a vida" e entre todos os centros fixemos este vídeo para felicitar o Nadal.

 

 

O BELÉN DO JOSEFA ALONSO

O alumnado de relixión, como todos os anos, montou "O Belén". Esperamos que vos guste a todos!

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.

 

Recomendacións lectoras

Dende o equipo de biblioteca, queremos recomendarvos para o Nadal  ou calquera outra data (calquer momento é bo para ler) todas estas fermosas historias.

DÍA DA DISCAPACIDADE

No Día Internacional das persoas con discapacidade, dende a biblioteca do Ceip Josefa Alonso de Alonso, realizamos unha actividades relacionadas coa temática do centro para conmemorar este día. Botade unha ollada ao vídeo para ver as actividades. "Todos baixo o mesmo paraugas" o alumnado de infantil, e deportes con certas limitacións para o alumando de primaria.

Máscaras de Picasso

O alumnado de 4º EP co libro "Pablo Picasso", non só se aproximou á vida e obra deste gran artista senón que crearon as súas propias máscaras inspirándose nas de Picasso. Podedes gozar deste libro na biblioteca!!!!

Alma de elefante

Baixo a alma dun elefante e dunha bolboreta, agochábanse as novas lecturas dos "trasniños." Estaban emocionados!!! Agardo que poidades gozar moito desta nova aventura literaria. Vémonos na vindeira reunión!!!

25-N

Para conmemorar o 25 de novembro, dende a biblioteca propuxemos unha actividade de reflexión co alumnado de infantil e primaria deixando a súa pegada nuns carteis moi chulos que colgaron ás portas do colexio. Nestes carteis se poden ler diferentes frases e palabras, extraídas dalgúns libros traballados previamente nas aulas, e outras de inspiración propia referidos á violencia de xénero. 

Distribuir contido