A celebración do Magosto na escola é un dos días máis esperados por toda a comunidade educativa, xa que contamos coa inestimable participación dos avós e avoas do alumnado. Queríamos agradecer especialmente aos avós que de xeito voluntario asaron as castañas e á ANPA e en especial a Miudiño, pola organización dos xogos tradicionais que fixeron as delicias de grandes e pequenos. |
|||