Obradoiro Pescanova

Grazas a Arturo, o alumnado de 4º EP tivo a sorte de aprender moitísimas cousas sobre a procedencia dos alimentos que se consumen ultraconxelados como os "pesquiños" e os "palitos de merluza". Aprenderon a infraestructura necesaria para poder levar do mar ao supermercado todos eses produtos que forman parte de moitas casas. Coñeceron os tipos de embarcacións necesarias para pescar segundo a zona e o peixe. Tamén os lugares nos que hai fábricas de Pescanova, tipos de cultivo e coidado dalgúns peixes, conservación e precociñado... O máis importante foi a parte de degustación!!!! Puideron probar eses pesquiños que tan longo percorrido fixeron dende Namibia ata Matamá.