Os días 21 e 23 de febreiro tivemos no Centro a visita dun adestrador de Béisbol dentro do Programa “Xogos Galegos Deportivos” promovido pola Xunta. A intención principal desta actividade foi a de dar a coñecer un deporte minoritario dentro da nosa comunidade, a de mostrarlle aos alumnos que fóra dos deportes máis potenciados, publicitados e populares tamén existe a posibilidade de diversión, compañeirismo, entretemento, ... Ao estar divididas as xornadas en dúas sesións non se quíxose ir a cousas sinxelas e suficientes para poder coñecer, valorar e gozar da súa práctica. Antes empezar as xornadas viñeron visitarnos ao Centro, mostrarnos a súa programación, valorala en común e convidarnos aos mestres a unha sesión práctica de iniciación. Nesa iniciación para os mestres puidemos ver “in situ” o desenrolo da actividade, aprendemos algunhas nocións básicas que despois trasladamos as nosas sesión de traballo diario. Esas nocións foron a recollida, o lanzamento e o golpeo da pelota, e regras básicas para empezar a xogar. Nalgunhas sesión traballamos sobre esa base, sobre todo os pases e recepcións, adiantando traballo para as sesións coa persoa cualificada. Entón cando xa tivemos ao adestrador no Centro o traballo foi máis rápido, xa que dividimos o grupo en dous, un co adestrador que lles matizaba todo sobre como recepcionar e pasar, e outro co mestre tentando aprender a golpear co bate. En iso consistiu o traballo da primeira sesión A segunda foi poñer todo o aprendido en práctica, organizouse un pequeno partido cunhas normas bastante flexibles e dedicámonos a iso, a xogar A actividade, en conxunto, foi moi motivante, amena, e divertida, é unha experiencia para repetir, se hai opcións en cursos vindeiros
|
|||