DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e como colofón ao traballo realizado dende todas as aulas nos días previos, xuntámonos no ximnasio para escoitar aos representantes do alumnado de cada clase, visionamos o videoclip no que os nosos nenos e nenas son os protagonista e unha vez máis cantamos e signamos "La puerta violeta" de Rozalén porque dende o CEIP Josefa Alonso temos tolerancia cero coa violencia de xénero.

Por último queremos agradecer a todas as titoras a súa colaboración, á mestra Iria pola montaxe do videoclip e como non, a todo o alumnado polo seu traballo. 

Ben feito equipo!