As nosas actividades e saídas

Consellos medioambientais

O alumnado de 2º E.P. gravou uns consellos medioambientais para compartir con vós. Mirade que interesantes!!!!!

 

UN HOTEL DE CINCO ANTENAS

Onte os alumnos e alumnas de 6º de E.I e 1º, 2º e 4º de E.P. fixeron de arquitectos e construtores ao facer realidade unha edificación moi especial... un hotel para bichos!

E temos que dicir que grazas a eles os insectos do contorno contan agora cunha zona de descanso e relax de cinco antenas en pleno centro de Matamá.

 

Recomendacións de lectura para o verán

Temos 2 vídeo recomendacións que de seguro vos van encantar!!!! Alba e Carmen anímanvos a ler este libriños tan interesantes!!! E lembrade: podedes gravar as vosas recomendacións nos patios da biblio. Animádevos!!!!!

 

Adiviñas de animais

Os nenos e nenas de 1º aprenderon unhas adiviñas de animais que vos convidan a escoitar. A ver cantas sabedes!!!!

 

Unha bruxa despistada

O alumnado de 1º presentan "Unha bruxa despistada"  de Antonio García Tejeiro.

 

Correlingua 2019

Un ano máis, varios cursos do noso centro participaron no Correlingua. Deixámosvos un resumo do ben que o pasaron mentres reivindicaban a importancia da lingua galega e da nosa cultura.

 

Obradoiro de verán

Este luns tivemos o derradeiro obradoiro de patio. Cos contos "El pez Arcoiris", "Gran enciclopedia de los océanos" e "El mar", fixemos un mural con forro de pegar e papeis de seda e pinocho que quedou chulísimo!!!! Xa cheira a verán na biblioteca de Leonarda!!!! GRAZAS A TODOS E TODAS OS PARTICIPANTES DOS OBRADOIROS!!!!!

 

 

Poñemos a mesa

O alumnado de 1º tivo a sorte de aprender coa profe Ofelia a poñer a mesa!!!! Mirade que ben o fixeron!!!!

Torneado de madeira

E para rematar a semana cultural desfrutamos dun Obradoiro de Torneado de madeira, coa presenza de Adrián, que contou coa axuda especial do seu fillo Xián.

 

Graciñas por vir!

 

 

EXHIBICIÓN DE CETRERÍA

E continuamos coa semana cultural. Nesta ocasión, o pasado mércores tivemos unha exhibición de cetrería da man de Rapiñas do Salnés.

Agardamos que desfrutedes do vídeo casi tanto coma nós o fixemos da actividade.

Distribuir contido