As nosas actividades e saídas

COOPERANDO PARA A PAZ: OPERACIÓN DISCAMINO

Ordes do meco

O Meco Manu deixounos unha tarefa moi interesante!!!

Saída a Vigo-Zoo

O alumnado de 5º de infantil tivo a sorte de poder visitar Vigo-zoo e aprender moitísimas cousas sobre os animais que alí viven. Viñeron abraiados/as!!!

 

COMEZA A CONTA ATRÁS... ENTROIDO!!!

XORNADA 25N

Todos sabemos que o bo faise esperar e para festexar o novo ano queremos compartir convosco un resumo das actividades que realizamos no centro para conmemoar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

 

FESTIVAL DE NADAL

Tras moito pelexar coas Novas Tecnoloxías, por fin podemos compartir convosco as actuacións do Festival de Nadal.

Agardamos que gocedes tanto con elas como o fixemos todos no cole.

Felices festas!

 

E agora deixámosvos unhas fotos de grupo dos artistas...

AS NOSAS RECEITAS DO NADAL 2019

Xa tedes dispoñible o PDF das nosas receitas de Nadal 2019, para que poidades cociñar nos vosos fogares, as especialidades culinarias de todas as familias do centro que fixeron a súa achega. 

Moitas grazas e bo proveito!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e como colofón ao traballo realizado dende todas as aulas nos días previos, xuntámonos no ximnasio para escoitar aos representantes do alumnado de cada clase, visionamos o videoclip no que os nosos nenos e nenas son os protagonista e unha vez máis cantamos e signamos "La puerta violeta" de Rozalén porque dende o CEIP Josefa Alonso temos tolerancia cero coa violencia de xénero.

Por último queremos agradecer a todas as titoras a súa colaboración, á mestra Iria pola montaxe do videoclip e como non, a todo o alumnado polo seu traballo. 

Ben feito equipo!

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSONAS CON DISCAPACIDADE

Onte conmemoramos o Día Internacional das Personas con Discapacidade lendo o conto de Wonder e realizando un mural cooperativo no que plasmamos o motivo polo que cada un de nós é único.

Animámosvos a que vos paredes a botarlle unha ollada na entrada do centro. 

XORNADA DE ELIMINACIÓN DE EUCALIPTOS

Distribuir contido