UN DOCE NADAL

Onte os nenos e nenas de Educación Infantil, como xa é tradición na nosa escola, marcharon de excursión a visitar os Beléns de Afundación e a tomar un rico chocolate con churros pero este ano foi aínda máis especial porque contamos coa compañía dos maiores do cole, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria e a súa titora.

Foi unha xornada de convivencia marabillosa da que temos que resaltar o bo comportamento que tiveron todos e todas e polo que incluso foron felicitados por parte do persoal da cafetería Maracaibo, na que tomaron o chocolate con churros.

  

COCIÑANDO COA AVOA DE CARLA DE 5º DE E.P.

O venres 14 de decembro os alumnos e alumnas de quinto tiveron a sorte de contar coa visita de María José, a avoa de Carla.

Compartiron con ela unha xornada de cociña. Fixeron pizzas, dúas salgadas e unha doce. Deliciosas!!!! Podedes ver as fotos no arquivo adxunto.

Moitas gracias pola túa visita María José. Ata pronto!

 
 

Saída á Biblioteca Xosé Neira Vilas

O alumnado de 1º e 2º tivo a sorte de ver o funcionamento dunha biblioteca pública como é a Biblioteca Neira Vilas. A monitora Marta, amosoulles uns contos fermosísimos que enseguida querían ler. Animounos a escoitar os fermosos contacontos que teñen nas fins de semana e a participar dos seus obradoiros. Foi unha actividade chulísima da que todos quedaron con ganas de facer o carnet para poder levar contos e películas para casa. Animádevos é gratis!!!!!!

 

ESCOLA DE FAMILIAS

Este ano iniciamos unha nova andadura no colexio, a escola de familias, co propósito de ter un lugar de encontro entre familias, mestras e expertos/as en diversas temáticas relacionadas coa educación. 

A primeira ponencia foi sobre a aprendizaxe cooperativa e o programa CA/AC ("Cooperar para Aprender/ Aprender a Cooperar") que se está a levar a cabo no centro.

A experiencia foi moi enriquecedora para todos e xa estamos a preparar a seguinte xuntanza para o segundo trimestre, polo que estade moi atentos. Contamos convosco! 

 

 

 

 

A horta

O alumnado de 5º, 2º e 1º tivemos a sorte de participar na posta en marcha da horta do noso cole!!!! Grazas a Jacobo aprendemos moitísimas cousas sobre a horta e sobre a plantación, neste caso de alliños!!! Foi un traballo en equipo que quedou xenial!!!! Botade unha ollada!!!

 

Cé orquestra Pantasma

O alumnado de infantil, 1º e 2º tivemos a sorte de escoitar en primicia, o novo disco de Cé orquestra Pantasma "A voar". Encantounos!!!! Pedídello aos Reis Magos que de seguro a vós tamén vos encantará!!!! GRAZAS POR ESTE SÚPER CONCERTO!!!

 

SORPRESA DOS NENOS E NENAS DA ESCOLA PARA OS AVÓS

Os nenos e nenas do CEIP Josefa Alonso prepararon un agasallo moi especial para os avós, un vídeo no que contan o importantes que son para eles.

Aínda que os máis maiores da familia xa poideron desfrutar do seu visionado na festa do Magosto queremos compartilo con todos vós para que coñezades de primeira man o moito que os queren.

Como o vídeo era moi longo tivemos que cortalo en tres partes, pero merece a pena non perderse nin un intre.

Agardamos que vos guste!

CONTACONTOS IMPÓRTANOS

Os alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º de Primaria tiveron a sorte de poder asistir e gozar coa actividade promovida polo Concello de Vigo do contacontos "Impórtanos" da man de Migallas Teatro.

Moitas grazas por facernos viaxar unha vez máis coa imaxinación!

MAGOSTO 2018

O pasado Martes 13 de Novembro celebramos na escola un Magosto moi, moi especial xa que contamos coa presenza dos avós e avoas, esas persoas tan sabias e cheas de paciencia que xogan un papel esencial nas nosas vidas; por iso dende o claustro da escola queremos agradecer a súa colaboración para facer deste, un día inesquecible para todos.

Grazas avós!

  

CALENDARIO ELECTORAL PARA O CONSELLO ESCOLAR

Procédese á publicación do calendario electorar para a elección de membros do Consello Escolar.

Distribuir contido