Mensaxe de Leonarda

Picade na foto para ver a mensaxe que vos deixou Leonarda no blog da biblio!!

!

Lembranzas do 2019

 

Nestes días botámonos moito de menos...

Deixámosvos o vídeo das nosas reflexións co Hadriana en relación a temática afectivo- sexual que desenvolvimos grazas a nosa ANPA e tamén  o vídeo do Entroido 2020 para rir un pouquiño lembrando unha xornada tan especial.

Nun intre estaremos de novo todas e todos xuntas/os!!

Moita forza e unha forte aperta a tod@s!!!!!

 

 

 

 

 

ABALAR MÓBIL

Estimadas familias.

Debido ao estado excepcional que estamos a vivir, o proceso de entrega de boletíns deste segundo trimestre verase modificado.

 

Para poder consultar o boletín de notas deste segundo trimestre será necesario descargarse no teléfono móbil ou tableta a aplicación AbalarMóbil. A súa publicación será o 31 de marzo.

 

Debedes pinchar a foto e seredes enviados á páxina da Xunta onde vos explicará como descargar esta aplicación.

Ademais no seguinte enderezo web tedes unha guía/titorial da aplicación AbalarMóbil para as familias. https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

INDICACIÓNS DO CEIP JOSEFA ALONSO PARA AS SÚAS FAMILIAS

Estimadas familias:

 Durante estos días algunhas titoras están a realizar funcións de titoría vía telefónica. Para salvagardar os datos personais das docentes, xa que están a realizar as chamadas coa súa propia liña telefónica, estas chamadas estanse a realizar a través dun número oculto.

 O Equipo Directivo do Ceip Josefa Alonso ante a situación de alarma decretada polas responsabilidades políticas  comunicámosvos que ata que recibamos novas instrucións o Equipo Docente non asistirá ao Centro Educativo.

As únicas persoas que seguiremos a asistir a traballar de maneira presencial ao Centro seremos o Equipo Directivo en horario de 09:00 a 13:50 (seguindo as novas instrucións da Consellería), neste caso a Secretaria e a Directora.

Deste xeito aseguraremos os servizos mínimos do Centro, vía telefónica.

En canto ao facilitar o traballo ás familias correspondentes a cada titoría seguirase a facer a través da conta específica de gmail para empregar o DRIVE, creada para esta situación de carácter excepcional. Resaltamos que na publicación deste traballo non pode ir ningún dato persoal de ningún membro da comunidade educativa (alumnado, profesorado ou familias).

Se tedes algunha dúbida sobre o traballo facilitado podedes escribir un correo electrónico á seguinte conta:

actividadesjosefa@gmail.com

 

Sempre evitando ningún dato de carácter persoal de ningún membro da comunidade educativa. Por isto no asunto do correo deberedes especificar o curso do alumnado do seguinte xeito:

3 anos EI              1ºEP         4ºEP

4 anos EI              2ºEP         5ºEP

5 anos EI              3ºEP         6ºEP

Deste xeito profesorado correspondente poderá ler as vosas dúbidas e respondelas de xeito telemático.

ENLACES A ACTIVIDADES:

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

4º EDUCACIÓN INFANTIL

5º EDUCACIÓN INFANTIL

6º EDUCACIÓN INFANTIL

ORIENTACIÓN

IDEAS E ACTIVIDADES PARA REALIZAR NA CASA

 

Dende o noso centro somos conscientes de que non todas as familias teñen a posibilidade de realizar as tarefas propostas no formato enviado polo que vos animamos a que as realicedes cos medios que dispoñades (se non podedes imprimir, pódese por exemplo, realizar a tarefa nunha libreta )

 O obxecto deste traballo é o  de facilitar recursos para seguir a desenvolver o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Aproveitade para falar cos vosos fillos, xogar, cociñar, ver películas en familia... cousas que polo estrés diario non se poden facer tanto como nos gustaría.

INFORMACIÓN SOBRE AS MEDIDAS A ADOPTAR POLO COVID 19

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

NOVAS MEDIDAS CON DATA DO 22 DE MARZO https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200322/AnuncioG0244-220320-1_gl.html

 ATA NOVO AVISO, ESTE CENTRO PERMANECERÁ PECHADO. A ATENCIÓN ÁS FAMILIAS REALIZARASE VÍA TELEFÓNICA EN HORARIO DE 11 A 13 HORAS.

Saída Ártika

O alumnado do club de lectura tivo a sorte de gozar da obra de teatro Cartoóns na Sala Árika. Estivo xenial e foi unha experiencia moi especial que esperamos poder facer no club de lectura moitas máis veces!!!

FINALISTAS NO LIGAMATS!!!

Énchenos de orgullo contarvos que @s nos@s representantes de 5º e 6º de EP do centro pasaron á fase final do concurso Ligamats!! Unha liga matemática entre equipos de distintos centros educativos dentro da XVI edición IMATXINA-Vigo.

Alí tiveron que resolver unha serie de problemas matemáticos no que se valoraba non só os contidos e resultados, senón o traballo en equipo e a maneira de como obter os resultados xuntos. Unha experiencia moi enriquecedora que amosa os froitos do traballo cooperativo que se leva a cabo no noso centro.

Moitísima sorte na final Blas,Noel, Paula e Icía!! Para os vos@s compañeir@s e todo o equipo docente xa sodes gañador@s!!"

Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra

Do 6 ao 28 de marzo podedes gozar de moitísimas actividades para facer en familia no Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra. Dende o cole xa tivemos ocasión algún ano de acudir a algunhas das súas actividades e polo ben que estivo queremos recomendárvolo.
 
PICADE NA FOTO PARA VER A PROGRAMACIÓN!!!!!

 

Exposición pola igualdade

Tedes ata o 4 de abril na biblioteca pública Juan Compañel, unha exposición gratuíta chulísima "Bule, Bule, Mari, Bule" cedida polo obradoiro de patchwork Xenpelar de Errenteria. Son un fermoso retrato da igualdade.
 
NON DEIXEDES DE VISITALA!!!

 

Contacontos de igualdade

Na biblioteca Juan Compañel podedes gozar mañá 7 de marzo dun contacontos moi especial sobre a igualdade. Déixovos o cartel para que vos apuntedes!!!!

 

Distribuir contido