Dinamización e normalización da Lingua Galega

AROMÁTICAS NA HORTIÑA DO JOSEFA

Revista escolar curso 18_19

Xa podedes gozar da nosa revista escolar en formato dixital!!!!

IV CONCURSO DE ORTOGRAFÍA

O venres celebrouse no colexio o IV Concurso de Ortografía Galega. É o resultado de moitas horas de preparación por parte de pequenos e maiores.

Este ano contamos coa inestimable participación do alumnado de 3º e 4º do C.E.I.P. Plurilingüe Sobreira-Valadares e das súas mestras e aquí deixámosvos unha pequena mostra do acontecido.

 

Kamishibai Antón Fraguas

Os nenos e nenas dos obradoiros dos patios da biblioteca elaboraron nun dos seus talleres un kamishibai sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas Antón Fraguas. Fixeron un fermoso e laborioso traballo. Mirade que chulo!!!

 

Maios 2019

O venres 10 de maio, festexamos como todos os anos, a celebración dos Maios.

Cantamos a copla do noso cole ao redor do noso Maio, que adornamos entre todas as nenas e nenos coa axuda das nosas mestras.

Nin a choiva nos parou!

E logo aproveitamos para bailar unhas cantas pezas de música tradicional, amenizados coa música do grupo "Sete cuncas". Moitas grazas por vir!

 

KARAOKE COPLA DOS MAIOS

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos compartir convosco o Karaoke das Coplas dos Maios deste ano, feitas polo alumnado, para que vaiades ensaiando.

   

LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas estase a aproximar, comproba os teus coñecementos sobre esta data tan importante con este xogo: https://create.kahoot.it/share/letras-galegas/05816204-7ec9-4174-bb4c-e5232d3698b8 

 

 

O blog de Leonarda

Distribuir contido