Biblioteca

Radio na biblio

Nesta nova entrada de radio na biblio, imos escoitar a investigación que fixo Astou de 2º EP sobre os raios X. Escoitade!!! É moi interesante!!!

Concurso de debuxo

Tedes un concurso de debuxo á vista!!! Soamente tedes que facer un debuxo dun monstro. Todos aqueles e aquelas que queiran participar avisades aos axudantes de biblio e vos facilitaremos unha plantilla na que facer o voso debuxo. ANIMÁDEVOS!!!!
 
PICADE NA FOTO PARA MÁIS INFORMACIÓN!!
 

Radio na biblio

Os nenos e nenas de 2º EP fixeron unha morea de investigacións sobre o PDI da tecnoloxía. Investigaron sobre diferentes temas traballados no Contexto abordando aspectos da antigüidade e da vida moderna. Esta é unha das primeiras investigacións que soará no patio do cole. 

Reto para Derek

Reto para Daniel Rial

Contacontos

 

Este sábado 18 de xaneiro, na biblioteca Nodal Juan Compañel tedes un contacontos fermoso da man de Servando Barreiro. ANIMÁDEVOS!!!!
 
"Era unha vez un vello carballo que gardaba na súa cerna voces chegadas do fondo dos tempos e que unha meniña ía recollendo nun caderno para dar a coñecer a fala e os cantares dun pobo. Aquela meniña levaba na fronte unha estrela e no bico un cantar".

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.
É necesario recoller invitación.

Club de lectura

Na segunda xuntanza do club de lectura gozamos do libro "El lugar más bonito del mundo". Resultou un libro moi emotivo e que gustou moito pese ao pequeniño que parecía, cánto contido interesanto tiña dentro!!!! Grazas a Xián que fixo unha limonada e unha bica riquísimas e que acompañou moi ben as nosas opinións sobre o libro. Decidimos escribirlle á autora e oxalá nos conteste porque este libro removeu moito as nosas emocións. quedámonos con frases como "...y si un coche llega cuando alguien está hablando de algo interesante, pues el coche tiene que esperar, porque nadie se apartará hasta que la historia se termine. Aquí las hostorias son importantes, los coches no"; "Cuando le vi una vez jugando en un lado de la calle me entraron ganas de pegarle y tirarle al suelo y darle patadas, porque él tenía a mi madre y yo no la tenía"; "No, no están bien. Tiene que hacer un buen trabajo cada vez y todas las veces. Si no lo hace, no será capaz de ganarse la vida". "Tienes que luchar por tus cosas, y no importa si pierdes. Lo que importa de veras es que no dejes nunca de batallar por conseguir lo que de verdad quieres"; "Tenía dinero para comprar libros y cuadernos y todo lo demás que necesitaba, porque la abuela había guardado para mí, en su caja de hierro, todo lo que había ganado como limiabotas". E...  a última... deixámola para que leades o libro porque é a máis fermosa de todas. ANIMÁDEVOS E COLLEDE O LIBRO NA BIBLIO!!!!
 

Club de lectura

Na primeira xuntanza do club de lectura puidemos gozar do libro de Agustín Fernández Paz "En el corazón del bosque". Foi un libro que gustou moito e no que coñecemos a un personaxe moi especial que nos deixou unha mensaxe tamén especial cun camiño de follas e que se chama Derdrín. Agradecemos a merenda tan rica que fixo Lara. Deste libro quedámonos con frases como "Incluso cuando seas una viejecita, y la memoria quiera engañarte haciéndote creer que yo, y todo el Mundo Mágico, no fuimos más que un sueño que tuviste algún día", "Vale más un beso tuyo qe cualquier anillo del mundo" o "¿Así que has traído un muñequito nuevo, francesita? Pues despídete de él, que no vas a volver a verlo. ¡Y como te chives, ya sabes lo que te hago!"

Recomendámosvos este libro!!!

 

Obradoiro "Árbore de Nadal"

Na corticeira da biblioteca xa vai collendo forma a árbore dixital. Queremos agradecer a todas as familias colaboradoras e a ANPA Lameira polas achegas tan fermosas que fixéchedes.

TRÍPTICO DA BIBLIOTECA

Con este tríptico enviado ás familias, queremos lembrar todas as actividades que se ofertan na nosa biblioteca. Mirade cantas cousiñas hai para facer!!!!

Distribuir contido