NADAL NA ESCOLA

Volver a casa por Nadal

Felicitación Nadal 2021

VISITA AO MUSEO DO MAR

MAGOSTO

O pasado venres día 12 festexamos o Magosto e queremos compartir convosco unha mostra de todo o que vivimos nesa marabillosa xornada, na que contamos coa colaboración especial da ANPA coa preparación e dinamización das actividades. 

 

Mascotas da biblioteca

Queremos presentarvos a todas as mascotas candidatas para substitutas de Leonarda. Xa temos unha nova mascota que nos acompañará en moitas aventuras. Só queda poñerlle un nome!!!! O xoves é o último día!!! 

 

Máscaras

SOLICITUDE DE MÁSCARAS GRATUÍTAS!!!! PREMEDE NOS DOCUMENTOS ADXUNTOS QUE ESTÁN NA PARTE INFERIOR DA IMAXE QUE É ONDE QUE SE ESPECIFICA A INFORMACIÓN E REQUISITOS PARA SOLICITAR MÁSCARAS GRATUÍTAS PARA O ALUMANDO.

Tesouros baixo a terra!

Formación de usuarios

Xa temos unha pequena mostra da formación de usuarios. Todas as aulas de primaria tiveron a sorte de participar nestas actividades tan chulísimas do proxecto "Debaixo da terra, debaixo da auga". Non todo é o que asemella!!! Remeximos como arqueólogos e arqueólogas ata atopar un fósil!!! Atopamos no acuario algunhas cunchas que non coñecíamos e ata un ovo de mantarraia!!! Na mini horta atopamos pirixel, porros, cenorias e LIXO!!!

Tamén riscamos debaixo do negro, que parecía non agochar nada pero....

Mirade que ben o pasamos!!!!

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Comunícase o procedemento para desenvolver as eleccións do Consello Escolar no curso 2021-2022.

 

Prégase a implicación das familias neste proceso xa que a vosa presenza no Consello Escolar é moi necesaria.

 

Para ver a información facede click no documento adxunto.

Distribuir contido