Biblioteca

Obradoiro "Hipnotiza serpes"

Con este libro que atoparedes na biblioteca, fixemos un obradoiro de experimentos chamado "Hipnotiza serper". Foi todo un éxito!!! Mirade que ben lles quedaron!!!

Radio na biblio

Nesta entrada de Radio na biblio, Xián vainos contar as cousas que hai que ter en conta antes de elixir unha mascota para coidar.

 

Biblioteca IES Valadares

O IES Valadares convidounos á inauguración da súa biblioteca. Queremos agradecer dende a nosa biblioteca que nos tivesen en conta para esta presentación. 
 

Contacontos

Mirade a programación da libraría "Libros para soñar"!!! Teñen uns contiños chulísimos!!! O venres ás 18.30 h tedes uns contos moi chulos. Animádevos!!!!

Radio na biblio

Alba de 2º vainos explicar con que mineral se fabrican os lapis. ESCOITADE!!!

 

Obradoiro: "Sadako e as mil grullas de papel"

Na semana da paz tivemos a sorte de facer un obradoiro na biblioteca cunhas monitoras moi especiais. Ángela, Lara, Adriana e Mariana, ensináronnos a facer grullas de papel despois de visualizar a biografía de Sadako Sasaki. Foi todo un éxito e as grullas quedaron fermosas. GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!

 

Radio na biblio

Nesta entrada de radio na biblio, Xoán vainos contar para que serven os encoros.

 

Radio na biblio

Nesta nova entrada de radio na biblio imos aprender como se conservaban os alimentos antes de que existisen os frigoríficos. Todas estas curiosidades  van ser contadas por Iván de 2º EP.

Radio na biblio

Nesta nova entrada de radio na biblio, imos escoitar a investigación que fixo Astou de 2º EP sobre os raios X. Escoitade!!! É moi interesante!!!

Concurso de debuxo

Tedes un concurso de debuxo á vista!!! Soamente tedes que facer un debuxo dun monstro. Todos aqueles e aquelas que queiran participar avisades aos axudantes de biblio e vos facilitaremos unha plantilla na que facer o voso debuxo. ANIMÁDEVOS!!!!
 
PICADE NA FOTO PARA MÁIS INFORMACIÓN!!
 
Distribuir contido