Biblioteca

Obradoiro "Fai xirar o sol"

Nos obradoiros de patio, tivemos, da man do mestre Javier, un obradoiro chamado "Fai xirar o sol". Deste xeito introducíronse aspectos científicos a través dos libros cos que contamos na biblioteca. Gustoulles moitísimo e quedoulles moi pero que moi ben.

Obradoiro "Yo soy yoga"

Despois das 3 edicións deste exitoso obradoiro sobre o libro "Yo soy yoga", podemos compartir o bo resultado que tivo. Agardámosvos para a seguinte edición!!!!

 

Obradoiro "Un día na sabana"

Co conto "Un día en la sabana", fixemos un obradoiro de sombras de animais que lles quedaron moi ben. Espérovos para o seguinte!!!!

 

Obradoiro abrigo de Jana

Mirade que debuxos tan chulos fixeron no obradoiro "El abrigo de Jana" coa profe Celia!!!

Día do libro

Para celebrar o Día do Libro, fixemos un concurso de relatos e debuxos que quedaron moi moi chulos!!!!

Tamén queremos compartir contos noutras linguas que nos aportaron Alessandra en italiano, Ali e Josephine en inglés, Yuri e André en portugués que agardamos que vos gusten.

Neste enlace podedes ler o conto I tre porcellini en italiano.

https://www.fabulinis.com/favole/i-tre-porcellini/

O alumnado de 6º EI elaborou uns minicontiños moi moi chulos!!!

 

Eliane de 5º EP aportounos un conto en francés chulísimo!!!!

 

 

Recomendacións 5º EI

As familias de 5º EI queren compartir e recomendar uns libros chulísimos!!!

Club de lectura: "Me llamo Charles Chaplin"

Xa tivemos a primeira reunión do club de lectura. Nesta ocasión traballamos o libro "Me llamo Charles Chaplin", que podedes coller na nosa biblioteca. Foi todo un éxito!!!! Xurdiron unha chea de dúbidas e sorpresas, por exemplo: que significa nazi, acomodaticio, chusma, titubeo, máquina tomavista, cuchitril, woodhouse e telegrafista. Resolvímolas entre todos e todas. Algunhas frases coas que nos quedamos son:

"La historia de la cinematografía es maravillosa y fascinante".

"Nada que valga la pena es sencillo de lograr porque hay que insistir y perseverar cuando se quiere conseguir algo y ser alguien".

"... conseguí poco a poco crear un personaje diferente, con ropas características, un estilo particular y un alma propia".  Isto pareceulles unha idea formidable xa que ser igual que todo o mundo non acaba de facer que destaques.

"Dormía a la intemperie porque no tenía un techo bajo el cual cobijarse, pero trataba de tapar con el pañuelo un arendija de la cerca de madera para que no entrara el frío del amanecer".

Foi unha biografía sorprendente. O que máis lles chamou a atención é que de non ter nada pasou a ser unha persoa moi exitosa a base de esforzarse e traballar moitísimo.

ANIMÁDEVOS A LEVAR O LIBRO EMPRESTADO!!!!

Despois das reunións fixemos unha sesión de cine mudo que vos deixamos no blog da biblio!!!

 

Día do libro

Estimadas familias:

Dende  o equipo de biblioteca queremos propoñer para o alumnado de primaria, un concurso de relatos. Con motivo da celebración do Día do libro. A idea é que dende un conto clásico ou con personaxes coñecidas, se introduzan elementos modernos (exemplo: Caperucita usando Thermomix, o Apalpador repartindo regalos con dron... A extensión máxima será unha carilla dun folio en GALEGO. A data límite de presentación dos relatos é o 20 de abril. Usaranse tamén para participar no concurso de relatos que organiza o Museo Liste de Vigo.

Agardamos as vosas historias, un saúdo.

 

Equipo de biblioteca.

OBRADOIRO PAXAROS

Mirade que chulos paxariños do obradoiro da biblioteca!!!!

Obradoiro paxaros

Leváronse a cabo os 2 obradoiros de paxaros impartidos pola profe Celia. Foron todo un éxito!!!! Haberá que repetilo!!!!

Mirade que chuladas!!!!

 

Distribuir contido