As nosas actividades e saídas

SORPRESA DOS NENOS E NENAS DA ESCOLA PARA OS AVÓS

Os nenos e nenas do CEIP Josefa Alonso prepararon un agasallo moi especial para os avós, un vídeo no que contan o importantes que son para eles.

Aínda que os máis maiores da familia xa poideron desfrutar do seu visionado na festa do Magosto queremos compartilo con todos vós para que coñezades de primeira man o moito que os queren.

Como o vídeo era moi longo tivemos que cortalo en tres partes, pero merece a pena non perderse nin un intre.

Agardamos que vos guste!

CONTACONTOS IMPÓRTANOS

Os alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º de Primaria tiveron a sorte de poder asistir e gozar coa actividade promovida polo Concello de Vigo do contacontos "Impórtanos" da man de Migallas Teatro.

Moitas grazas por facernos viaxar unha vez máis coa imaxinación!

MAGOSTO 2018

O pasado Martes 13 de Novembro celebramos na escola un Magosto moi, moi especial xa que contamos coa presenza dos avós e avoas, esas persoas tan sabias e cheas de paciencia que xogan un papel esencial nas nosas vidas; por iso dende o claustro da escola queremos agradecer a súa colaboración para facer deste, un día inesquecible para todos.

Grazas avós!

  

Contacontos

O alumnado de 3 aniños tivo unha contacontos moi especial. GRAZAS!!!!

CONTACONTOS DE OUTONO

O alumnado de 1º de Educación Primaria quere compartir con todos vós esta actividade do Outono que realizaron na súa aula. 

SEMENTANDO FUTURO

Tras os incendios que asolaron Vigo en Outubro do ano pasado, os nenos e nenas do CEIP Josefa Alonso en colaboración con outros coles da cidade decidimos converternos en cortalumes rexenerando un anaco do noso monte... Sementando futuro!

"O HOME QUE PRANTABA ÁRBORES"

 Tivemos un contacontos moi especial, o papá de Inés amosounos un conto moi chulo "O home que prantaba árbores". Encantounos!!!! GRAZAS DIEGO!!!

AS NOSAS ACTIVIDADES E SAÍDAS

Distribuir contido