Biblioteca

Club de lectura

 Comezamos o club de lectura co libro "Palabras de caramelo". Xa temos casi lista a primeira reunión. Podedes ver o trailer e animarvos a ler o libro. É moi pero que moi especial e fermoso. 

Na sesión de acollida do club de lectura repartimos uns "caramelos" que xa veredes o chulos que van quedar!!! Tamén vimos o trailer que nos motivou moitísimo para poder ler o libro con máis ganas!!!

 

 

Primeira feira vegana de Galicia

 Este fin de semana podedes gozar da primeira feira vegana e sostible de Galicia. Hai unha morea de actividades para nenos/as: contacontos, obradoiros de horta, cociña... 

Na nosa biblioteca podedes ler moitos libros relacionados coa horta, as plantas, as froitas... no andel de "Ciencias aplicadas". 

Picade na imaxe para acceder ao blog "Vigo peques" e ler toda a información!!!!

 

 

Debaixo da terra, debaixo da auga

Como sabedes, este ano o proxecto sobre o que imos aprender moitas cousas é sobre o libro "Debajo de la tierra, debajo del agua". En breve poderedes ver as fotos da formación de usuarios onde fuchicamos moitísimo debaixo da terra e tamén da auga.

 

 

Unha serea poeta

O alumnado de 3º EP, traballou o poema "Unha serea poeta" de Antonio García Teijeiro. Tamén experimentaron os efectos do green screen. Mirade que chulo lles quedou!!! Podedes coller na biblioteca, na zona amarela de poesía, moitos dos libros que escribiu este poeta. De seguro encantaranvos!!!!

 

Matrioska

 Queremos recomendarvos un libro moi chulo: chámase "Matrioska". Alén tróuxonos a súa Matrioska para ver cantas había dentro.

O podedes coller na biblioteca. De seguro encantaravos!!!!!

 

 

Once damas atrevidas

O alumnado de 3º EP quere amosar unha actividade moi divertida realizada a partires do libro "Once damas atrevidas". Mirade que ben o pasaron!!!

Revoltalliño

Benvidos e benvidas a este novo curso escolar!!! Queremos inaugurar o blog da biblioteca con esta actividade cultural tan chula: o Revoltalliño!!! Non o podedes perder este fin de semana!!! 

PICADE NA IMAXE PARA MÁIS INFORMACIÓN

 

Xela a diario

Dende a Radio de Redondela, queren compartir con nós o programa Xela a diario no que participou alumnado de infantil e primaria coas gravacións de versos de Xela Arias.

Podedes escoitar o programa aquí:

 

Obradoiro "Fai xirar o sol"

Nos obradoiros de patio, tivemos, da man do mestre Javier, un obradoiro chamado "Fai xirar o sol". Deste xeito introducíronse aspectos científicos a través dos libros cos que contamos na biblioteca. Gustoulles moitísimo e quedoulles moi pero que moi ben.

Obradoiro "Yo soy yoga"

Despois das 3 edicións deste exitoso obradoiro sobre o libro "Yo soy yoga", podemos compartir o bo resultado que tivo. Agardámosvos para a seguinte edición!!!!

 

Distribuir contido