Biblioteca

Arqueoloxía en familia

 Os días 12, 13 e 19 de febreiro tedes uns obradoiros moi interesantes sobre arqueoloxía en familia no Parque arqueolóxico de arte rupestre de Campo Lameiro. 

Picade na foto para máis información!!

 


Reunión do club de lectura

Iqbal e a Srta. Bubble, deixáronnos uns recadiños para a próxima reunión do club de lectura. Que emoción!!!!!

 

Naceu Josefina!!!

Arrecife de coral

 Descubren un novo e raro arrecife de coral en Tahití. Esta noticia saída hoxe na prensa, ten moito que ver co noso proxecto "Debaixo da terra e debaixo da auga". 

Picade na foto para ler a noticia.

 

 

Club de lectura "La historia de Iqbal"

Os Trasniños da biblioteca tiveron a segunda reunión do club de lectura para compartir opinións sobre o libro "La historia de Iqbal".

Foi un libro que achegou ós trasniños á realidade que viven outros nenos e nenas doutros países que non gozan dos beneficios que supoñen vivir no primeiro mundo.

Este libro trata sobre a escravitude infantil. Tanto Fátima como Iqbal e outros nenos, son recluídos na fábrica de alfombras de Hussain Khan e alí traballan de sol a sol sen apenas descanso nin comida.

Con este libro aprendimos entre outras cousas a razón pola que o 16 de abril se celebra o Día Mundial contra a escravitude infantil.

Entre as opinións e achegas dos trasniños, está a de Martín que queda co significado do nome de Iqbal= afortunado en árabe. Unha frase que lle gustou moito foi "Soñar no le hace mal a nadie" "hacia arriba y hacia el cielo"

Raquel quere compartir unha frase que lle gustou moito "Cuando llegue primavera haremos volar la cometa".

"Porque todo pertenece al patrón" respondió mi padre. "¿Y eso es justo? "Él es el patrón". Y nosotros, ¿qué somos?

Agardamos que teñades moitas ganas de lelo e gozar tanto coma nós!!!!!

 

 

Expositor de adultos

Seguimos co funcionamento do préstamo de adultos. Algunhas lecturas xa foron gozadas por algunhas familias do cole, non deixedes de levar aquelas que vos interesen apuntándovos na listaxe que hai colgada do expositor e devolvelas en canto as acabedes.

Si queredes compartir algún dos vosos libros con outras familias, podedes facérnolos chegar polo alumnado!!!! Agardamos que vos gusten moito!!!!

Club de lectura "Palabras de caramelo"

Na primeira reunión do club de lectura, tanto trasnos como trasniños quedaron encantados/as coa historia de Kori e o seu amigo Caramelo. Incluso algunha nai e algún pai tamén derramaron algunha bágoa. Este libro estivemos dacordo os 2 clubes de que foi todo un éxito. Foi moi triste pero volo recomendamos a todos e todas!!!!!

Algunhas das opinións que queremos compartir son por exemplo: "A nai de Kori tivo tantos fillos que lle daba menos importancia a Kori para que non lle dese a lata".

Outro membro do club opina que a profe de Kori "estaría alucinada y no sabría como hacer para enseñarle a  Kori a leer y escribir "

"Tiñan que buscar outra opción para o sacrificio".

Frases que nos gustaron moirísimo "O sol e a lús ámanse, e por iso únense no ceo".

"Kori é labios redondos, boca estirada".

"Kori non sabía que un camelo, polo motivo de que a súa nai bebeu nun pozo, conserva unha memoria escondida sobre a dirección que debe seguir para chegar ao tal pozo".

Agardamos que a seguinte reunión sexa tan bonita como esta!!!

Mascotas da biblioteca

Queremos presentarvos a todas as mascotas candidatas para substitutas de Leonarda. Xa temos unha nova mascota que nos acompañará en moitas aventuras. Só queda poñerlle un nome!!!! O xoves é o último día!!! 

 

Formación de usuarios

Xa temos unha pequena mostra da formación de usuarios. Todas as aulas de primaria tiveron a sorte de participar nestas actividades tan chulísimas do proxecto "Debaixo da terra, debaixo da auga". Non todo é o que asemella!!! Remeximos como arqueólogos e arqueólogas ata atopar un fósil!!! Atopamos no acuario algunhas cunchas que non coñecíamos e ata un ovo de mantarraia!!! Na mini horta atopamos pirixel, porros, cenorias e LIXO!!!

Tamén riscamos debaixo do negro, que parecía non agochar nada pero....

Mirade que ben o pasamos!!!!

 

Obradoiro de medo

Para celebrar o Samaín, na biblio tivemos un obradoiro de contos de medo requetedivertido!!!!

Distribuir contido