O ENTROIDO EN GALICIA

O equipo de biblioteca en colaboración coa aula de 4º EP elaboraron este mapa de Galicia cos personaxes típicos do noso Entorido. Podedes localizar aos Merdeiros, ás Pantallas, aos Peliqueiros, aos Cigarróns...

MANDADOS DO MECO

 

LUNS

CON LENTES DE MERGULLAR,

NO ENTROIDO TÍRATE AO MAR.

MARTES

SEGURO QUE O PASARÁS MELLOR,

CUNHA ZAPATILLA DE CADA COR.

MÉRCORES

PARA O CORPO PROTEXER,

ALGO NEL TES QUE TRAER.

XOVES

SE UN DEPORTE QUERES PRACTICAR,

ALGO DO TEU EQUIPO HAS DE LEVAR.

VENRES

PREPÁRATE PARA AS OLIMPIADAS

QUE DESPOIS TOMAMOS UNHAS LAMBETADAS.

 

Día da Paz

Plantación de chícharos

O alumnado de 4º EP xunto co mestre Pedro, realizou unha plantación de chícharos na horta do cole. Investigaron moitas curiosidades sobre os chícharos: o nome científico, a época de plantación, os coidados, a época de recolleita, as formas de consumilos, as porpiedades... Elaboraron unha ficha técnica sobre os mesmos e fixeron en equipo a plantación. Soamente queda agardar uns meses a que os chícharos medren para poder degustalos!!!

 

AMPLIAMOS DATAS: XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Ampliamos datas para que todo o que quera veña a coñecer a nosa escola! Se alguén está interesado en facer unha visita pola mañá podedes poñervos en contacto por teléfono para concertar unha cita.

 

Ampliación datas portas abertas

 

Patri PIALE

Bo día!

Algúns xa sabedes que a profe Patri de Educación Infantil, participou no programa PIALE da Xunta e foi traballar a dous colexios de Ottawa (Canadá) para aprender cousas do seu sistema educativo e poder facelas tamén no noso cole!

Aquí tedes unha presentación da súa experiencia. Facede click na imaxe!

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

Facendo click na imaxe accederedes a toda a información e diferentes enlaces para a admisión e matrícula

O carteiro de Bagdad

Trasnos de 5º EP e trasnos de 4º e 6º EP xa recibiron a correspondencia dunha carteira moi especial, Josefina. Estas cartas están cheas de historias que de seguro compartiremos cunha boa merenda na seguinte reunión do club de lectura. "Alma de elefante" e "O carteiro de Bagdad", son os libros cos que están a gozar agora mesmo trasnos e trasniños da biblioteca.
Agárdovos na seguinte reunión!!!!! GOZADE DA LECTURA!!!!

Alma de elefante

"Alma de elefante" foi un libro que aos trasnos de 5º EP lles encantou. Recoméndano sen lugar a dúbidas!!!! A historia de 2 irmáns que viven nun remoto lugar de Asia, na defensa dun elefante. Alma de elefante e alma de bolboreta mestúranse para lograr o propósito.

Podedes collelo na biblio e gozar coma eles e elas desta marabillosa lectura!!!

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Distribuir contido