O Concello de Nigrán

NIGRÁN

O  Concello  de  Nigrán  sitúase nunha  área  xeográfica  coñecida  polo  Val  Miñor. Os  seus  límites  son   ó  Norde  o   Concello   de  Vigo ,   ó  Sul  o  Concello  de  Baiona ,  ó   Leste   o  Concello   de  Gondomar  e  ó  Oeste  o  Océano  Atlántico.

                O  Concello  de  Nigrán  conta   cunha  poboación  aproximada  de  15.200   habitantes .   

 A extensión  do  Concello  é  de  32  km².  As  parroquias  que  o  configuran  son :  Camos,Chandebrito,  Nigrán, Panxón, Parada, Priegue  e  a  Ramallosa.

Vista, dende un monte de Nigrán, das illas Cíes  cubertas de nubes.

Arco  visigótico. 

A  costa  e  os  bosques  conforman  a  paisaxe  de  Nigrán  que ,  o  mesmo  que  sucedeu  noutros  concellos   costeiros  de  Galicia ,  cambiou  a   sua  paisaxe   de especies  autóctonas , caducifolias en  xeral,carballos,   castiñeiros ,  toxales,etc..  ,  por   limoeiros, mimosas  e  algunhas  de  dudoso  beneficio  para  o  chan  e  a  paisaxe  dos  nosos  montes ( eucalipto, piñeiro)  que  ademáis  son  o  mellor  aliado  dos  incendios  forestais.

Ponte  Románica .  Século   XI.

  Praia  América

Pazo  da  Touza

O  sector  de  sevicios ( hostelería principalmente ) desenvolveuse  en  grande  medida  nos  últimos  anos  debido  á  grande  afluencia  turística  nos  meses  de  xullo  e  agosto . O  turismo, procedente  de  Madrid ,  Vigo ,  Ourense  e  Portugal ,   na  sua  meirande  parte ,  busca   no  noso  Concello  a  bondade   do   seu   clima   e  a  excelencia   das   suas  praias ( Praia  América, Panxón, Patos..) que, tanto   pola   sua   lonxitude   coma   pola   calidade   da   area   das   mesmas   son   coñecidas   non  somentes  na  Galiza  senón  en  moitos  lugares  de  España . 

Tamén , coma  consecuencia  do  pulo  turístico  dos  últimos  anos ,  desenrolouse,  de  xeito  importante,  o  sector  da  construcción .

 

Templo  votivo  do  mar. Panxón.

(Antonio Palacios)

Os  habitantes  do  Concello  de  Nigrán  repártense  en  núcleos  diseminados  (minifundio) e, en  grande  medida,  viven  dunha  agricultura  de  subsistencia baseada  no  millo,  as  patacas  ,o  viño  e  algunhas  cabezas  de  gando  lanar  e  vacuno,  sen  esquence-los  mariñeiros  e  os  traballos, en xeral, relacionados  coa  pesca  que, a  pesares  de  non  contar  con  infrastructuras  axeitadas  que  colaboren   ó  seu   desenvolvemento ,    non  son   unha   fonte  de  ingresos  despreciable   para  a  economía  de  moitas  familias  do  Concello.