ATLETISMO EN PISTA NA MACOCA 2018

O alumnado de 5º de educación primaria proclamouse CAMPIÓN de Atletismo en Pista na Macoca.
 
O pasado més de marzo celebrouse nas instalacións da Macoca en Pazos de Reis (Tui) a proba zonal de Atletismo en pista para o alumnado de 5º curso dos diferentes colexios da zona. A xornada comezou coas probas de lanzamentos de vortex, peso e as series de velocidade. A continuación tocoulle a quenda a salto de lonxitude e as series de Resistencia, por último pudemos desfrutar dunhas emocionantes series de relevos 4 x 100 metros en equipos.
Destacar o fantástico ambiente deportivo, o esforzo e o afán de superación que demostraron tod@s os nen@s por mellorar e facelo o mellor posible, e AGRUDEBAM que unha vez máis organizaron todo de xeito excelente.
En canto aos resultados acadados temos que felicitar o alumnado de 5º polo primeiro posto acadado con 91 puntos sumados entre os dous equipos que levamos, superando por moi pouca diferenza a outros colexios con 3 equipos, como Randufe que conseguiu 90 puntos.
Nuria e Tati conseguiron gañar as súas series en salto de lonxitude, Laura quedou primeira en resistencia (500 metros), en velocidade (Mayra e Youssef) quedaron segundos nas súas series, Lucas obtivo un primeiro posto en lanzamento de vortex e nas carreiras de relevos en equipo acadamos outro primeiro e segundo posto nas nosas series.
Moitos parabéns a tod@s e a seguir practicando deporte con ilusión.
AdxuntoTamaño
video1.mp413.69 MB