DANIEL ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ SUBCAMPIÓN E O EQUIPO ALEVÍN FEM. FANTÁSTICO 5º POSTO NO PROVINCIAL FEDERADO DE CAMPO A TRAVÉS

AQUÍ TEDES A EST@S SUPERATLETAS NOS MOMENTOS PREVIOS AS CARREIRAS.

DANIEL ÁLVAREZ RECOLLENDO A MEDAIA DE PRATA, ACOMPAÑADO POLO CAMPIÓN.

EQUIPO ALEVÍN FEM. AO REMATAR A CARREIRA.

O pasado sábado día 3 celebrouse o Campionato Provincial de federados de Campo a Través onde un alumno do sexto curso do noso colexio conseguiu a medalla de prata na categoría infantil masc. percorrendo 1950 metros no Circuito da Azucarera en Portas (Pontevedra), sendo so superado por un atleta da A Estrada e vencendo a mais de 70 atletas federados.

Un gran éxito dado que Daniel Álvarez Domínguez non esta federado en Atletismo. Este premio dalle a oportunidade de participar no Campionato Galego Absoluto que se vai celebrar na Pobra do Caramiñal o próximo 17 de Febreiro.

Ademais o noso colexio participou co equipo Alevín Fem. que conseguira gañar o ouro na proba de colexios provinciais hai 15 días, e nesta proba competiu contra 13 clubs federados e alcanzou un meritorio quinto posto provincial absoluto na distancia de 1200 metros.

Sen dúbida un éxito destas rapazas da parroquia tudense de Guillarei (Laura Ramírez, Kholoud Rouchdi, Tati Muñoz, Nuria Silva, Alejandra Cabaleiro e Sela Martínez).

 

Un exemplo de traballo en equipo, esforzo e superación, valores moi importantes.