O EQUIPO DE CAMPO A TRAVÉS DO COLEXIO NO SUPLEMENTO "CAMPEONES" DO FARO DE VIGO

O mércores 31 de xaneiro do 2018, o Faro de Vigo no suplemento deportivo "Campeones", sacou un artigo relacionado co noso alumnado que participa en Campo a Través, destacando ao equipo Alevín Feminino, reciente campión Provincial en Portas e os premios individuais de Ainara Rguez, Laura Ramírez e Daniel Álvarez nas súas categorías.

 

Destacar que o próximo sábado 3 de febreiro Daniel Álvarez (Infantil Masc.) e o equipo Alevín Fem. (Laura, Nuria, Kholoud, Tatiana, Alejandra e Sela), van competir outra vez en Portas nun novo Campionato Provincial contra os mellores clubes federados de atletismo para procurar gañar unha praza no Campionato Galego que se vai celebrar na Pobra do Caramiñal o 17 de Febreiro.