II XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA E CONVIVENCIA ESCOLAR

II XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA E CONVIVENCIA ESCOLAR

CEIP DE GUILLAREI – CEIP DE BARRANTES (TOMIÑO)

O pasado 19 de xaneiro visitou a nosa escola por primeira vez o CEIP de Barrantes de Tomiño. Viñeron 4 cursos, 3º, 4º, 5º e sexto de educación primaria. Estivemos xogando a balonmán, bádminton, damas, baloncesto, voleibol, xadrez e fútbol sala.

Sen dúbida foi una xornada lúdica e moi divertida, onde primou o xogo limpo e a diversión entre o alumnado das dúas escolas.