XORNADAS DE BÁDMINTON NO CEIP DE RANDUFE

Estimadas familias: A Asociación Deportiva do Baixo Miño (AGRUDEBAM) organiza unhas xornadas de Bádminton no pavillón do CEIP DE RANDUFE destinadas a alumnado dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria. As xornadas empezan as 16:30 e rematan as 19 horas.

SERVIZOS NA XORNADA: Transporte gratuito dende o colexio ida e volta.Hai vestiarios e aseos. Levar auga e merenda .Nas webs www.agrudebam.es e na do colexio www.edu.xunta.gal/centros/ceipguillarei hai máis información.

SAÍDA DO BUS as 16:00 horas no CEIP DE GUILLAREI e  REGRESO ao COLE Sobre as 19.20 horas.

Sempre van acompañados por mestres da escola.

DATAS E CATEGORÍAS DAS XORNADAS

  • MARTES 16 DE XANEIRO: Categoría Alevín (nacidos nos anos 2006/2007)
  • MARTES 23 DE XANEIRO: Categoría Benxamín (nacidos nos anos 2008/2009) e Infantil (2004/2005)
  • MARTES 30 DE XANEIRO: Categoría Alevín (nacidos nos anos 2006/2007)
  • MARTES 6 DE FEBREIRO: Categoría Benxamín (nacidos nos anos 2008/2009) e Infantil (2004/2005)

 MATERIAL: Se recomenda levar zapatillas deportivas, calcetíns, pantalón curto, a camiseta do cole (ANPA) e o chandal do colexio no caso de telo.