ÉXITO NO CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS 2017

 

 

 

 

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS DO BAIXO MIÑO

O BORRALLIÑO- SOUTELO (SALCEDA DE CASELAS) 18/11/2017

O pasado sábado 18, a nosa escola participou neste campionato con maís de 50 alumn@s, o cal foi un éxito e record de participación para o noso colexio.

Creamos equipos nas  categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

O ambiente deportivo e de convivencia foi moi bonito, destacando o esforzo, o compañeirismo e a auto superación dos nen@s por rematar as carreiras.

Na categoría benxamín feminino, o noso colexio participou cun equipo formado por 8 atletas. Destacar a Ainara Rodríguez de 3º curso que resultou gañadora desta carreira de 600 metros, clasificándose deste xeito para o campionato provincial e conseguido unha medalla de ouro

Na categoría benxamín masculino na nosa escola presentou un equipo de 7 atletas, que correron coma lebres, destacando Brais Alfaya de 3º curso que alcanzou o 8º posto e medalla.

O equipo alevín feminino estivo formado por 13 nenas, foi o equipo máis numeroso, correu 1.000 metros, e alcanzou o sub campionato a nivel de equipo, o 2 premios individuais, Nuria Silva alcanzou o 8º posto e Laura Ramírez foi medalla de prata (2º posto).

Están clasificadas coma equipo para o provincial as seguintes atletas; Laura Ramírez, Nuria Silva, Kholoud Rouchdi, Tatiana Muñoz, Alejandra Cabaleiro e Mª Sela Martínez.

En canto ao equipo alevín masculino formado por 6 atletas, destacar que percorreu unha distancia de 1.200 metros, e na que todos loitaron coma titáns para chegar a meta.

O equipo infantil feminino percorreu tamén 1.200 metros e estivo formado por 6 atletas, as cales alcanzaron o 3º posto, conseguindo deste xeito un trofeo e Lucía Ramírez unha medalla polo seu 8º posto.

Na categoría infantil masculino percorreron unha distancia de 1.600 metros. O equipo estivo formado por 6 atletas, no que destacou Daniel Álvarez que gañou a carreira cunha vantaxe moi grande, alcanzando deste xeito a medalla de ouro e a clasificación para o provincial.

Por último destacar o 8º posto conseguido por Lucas Jiménez na categoría cadete masculino, que percorreu unha distancia de 3 km conseguindo un 8º posto que o clasifica para o campionato provincial de febreiro do 2018.

Felicitar a todos os participantes en xeral , a AGRUDEBAM e os voluntarios que fixeron un traballo excepcional. Moitos parabéns.