A "ALOIADA 2017" para o sexto curso os días 15 e 16 de xuño

 

A Aloiada 2017, xa está en marcha, os días 15 e 16 de xuño o alumnado de sexto curso de 6 colexios de Tui, entre eles o noso centro, vai participar nesta experiencia única, chea de aventuras no entorno do Parque Natural do Monte Aloia, Serra do Galiñeiro e o río Miño.

No entorno do Monte Galiñeiro organizaránse varios obradoiros como por exemplo escalada e rappel con monitores da Federación galega de Montaña, primeiros auxilios nunha ambulancia medicalizada con enfermeiras e un médico , orientación deportiva, equitación con monitores e cabalos dun centro hípico, nós mariñeiros e de montaña, ...

Outras das actividades que faremos será  sendeirismo por varias rutas:

- Do Galiñeiro ata o Monte Aloia (8 km aprox.)

- Do Monte Aloia a Circos (Pazos de Reis)

- De Circos ao río Miño (Centro Interfederado de remo e piragüísmo)

Tamén faremos Acampada, actividades e xogos de convivencia no Monte Aloia a noite do xoves 15.

Por último o venres 16 pola tarde despediremos a Aloiada facendo Remo e Piragüísmo no río Miño.