CEIP PLURILÍNGÜE DE GUILLAREI – CEP ALTAMIRA (SALCEDA DE CASELAS) NA 5º XORNADA DINAMIZACIÓN DEPORTIVA

 

 O pasado xoves 25 de maio recibimos na nosa escola ao alumnado de 6º e 4º curso do CEP de Altamira (Salceda de Caselas) para participar na derradeira xornada de deporte escolar intercentros.

A xornada destacou polo xogo limpo e a diversión entre tod@s os/as participantes. Salientar que pola nosa escola os cursos que xogaron foron 3º, 4º e 5º. Nesta ocasión os nen@s participaron en deportes como bádminton, balonmán, voleibol, baloncesto, xadrez e fútbol sala.

 Felicitar a todo o alumnado pola bo comportamento en xeral.