MONTE VIVO NAS CLASES DE 5º E 6º

As clases de 5º e 6º están traballando diferentes contidos relacionados coa natureza. Esta semana recibiron a visita do grupo de Monte Vivo.

O día 4 de maio o alumnado de 5º e 6º, recibiron a 2ª visita de dous gardas forestais, do programa de divulgación educativa para a valoración do monte e a prevención e defensa dos incendios forestais "O Monte Vivo".

Foi unha charla moi interesante na que explicaron e impulsaron a participación activa e responsable do alumnado, na protección do medio ambiente natural fronte aos incendios forestais. Fomentando o respecto pola natureza.