Skip to Content

Animación á lectura

Construcción dun texto!

Libro forum

Proxecto de animación lectora pensado para os cursos de quinto e sexto de E. Primaria. Cada curso, fará unha xuntanza na que se desenvolverá unha charla -coloquio sobre o libro lido previamente, xunto con varios mestres, nun ambiente distendido, no marco da biblioteca do centro.

Os titores propoñen os libros a ler. Temos comezado por 5º curso no mes de decembro.

Conto viaxeiro

Trátase da elaboración en común de dous contos, un por cada liña do colexio, A e B; de tal xeito que, comezando polos máis pequenos, en cada curso vaian elaborando unha ou varias páxinas de creación ás que teñen que dar continuidade os seguintes cursos en orde ascendente. Ao final, tódalas creacións encadernaranse nun tomo común.

Mochilas viaxeiras

 

Dispoñemos de tres mochilas que levan unha selección de libros para toda a familia, máis unha película, que son prestadas por períodos de quince días. Con cada unha vai unha libreta na que figura a relación do prestado e na que poden anotar as opinións e comentarios que desexen sobre o que lean.

A lectura é voluntaria e o único compromiso de quen as leva é devolver todo o material en bo estado.

Comezamos o préstamo en xaneiro de 2009 nos cursos de 3º A, 3º B e 4º A.

Distribuir contido


by Dr. Radut