Skip to Content

Letras Galegas

A festa das Letras!

Letras Galegas 2012. Primeiro Ciclo Primaria on PhotoPeach

 

Cosmonautas!

Da nave da Terra

somos cosmonautas,

navegamos todos

pola Vía Láctea.

 

Negros e amarelos,

de cobre ou cor branca,

homes e mulleres,

só hai unha raza.

 

Nesa inmensidade

que son as galaxias

somos só persoas,

dunha especie, a humana.

 

Marica Campo

 

Sirvan estes versos como presentación da poeta, narradora e autora teatral, Marica Campo nacida en terras do Incio (Lugo) que nos acompañou hoxe, 16 de maio, invitada polo Equipo de Dinamización Lingüística e no que conmemoramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano a VALENTÍN PAZ ANDRADE.

En primeiro lugar visitou a aula de Infantil de 4 anos B, onde, na súa aula, figura o cadro co retrato da autora galega correspondente ao traballo de Aulas Galegas levado a cabo no centro.Os máis pequenos disfrutaron dun conto narrado pola autora.

A expectación que causou a visita desta insigne escritora non defraudou aos nenos e nenas de sexto que  tiveron ocasión de charlar sobre o por que da celebración do Día das Letras,   de coñecer a  súa obra e a contribución ao desenvolvemento das nosas Letras.

 

 

 

A maxia dos contos!

O venres, día 11 de maio, o alumnado do segundo e terceiro ciclo de primaria, e dentro das actividades programadas para a Semana das Letras Galegas, poideron disfrutar dun contacontos excepcional: Santiago Jaureguízar, escritor ribadense de ampla traxectoria nas Letras Galegas. Aos noso/as alumnos/as foilles amosando, de xeito ameno, como se fai un conto partindo de algo que todos temos dentro: A IMAXINACIÓN.


Maxia para soñar!

Dentro das actividades programadas polo equipo de Dinamización Lingüística na conmemoración da Semana das Letras Galegas contamos coa actuación do Mago Cali no colexio para o alumnado de Infantil e os dous primeiros ciclos de Primaria.

O espectáculo foi moi entretido  e máxico. Os nenos e nenas divertíronse moito co humor surrealista do mago e sorprendéronse coa súa maxia.

Aulas galegas!

Proxecto do Equipo de Normalización Lingüística curso 2011-2012 que consiste en identificar  as aulas con nomes  de escritores  ou escritoras galegas.

Letras Galegas

Letras Galegas 2012 on PhotoPeach

Distribuir contido


by Dr. Radut