Alumnado de sexto curso de Primaria, Ramón Molina (director técnico da Axenda 21), Iván R. Lombardero (Axenda 21 local de Ribadeo), alumnado e profesorado de 4º curso de Primaria e Pedro Moreda (coordinador do Proxecto "Coñecer a costa de Ribadeo" ), participaron nunha xuntanza de alumnos Axenda 21 Escolar no centro, desenvolvendo distintas actividades:
- Exposición do proxecto "Coñecer a Costa de Ribadeo" e o traballo "A flora do litoral".
- Exposición do conto didáctico "O cemiterio das burras" coordinado e dirixido por José Teijeiro.
- Presentación audiovisual "Campamento de verán Axenda 21"
- Entrega de información medioambiental.
- Actuación do contacontos Anxo Moure.