Skip to Content

Secretaría

Información Matricula

Estimados/as pais/nais/titores/as legais:

Comunicámoslles a seguinte información recollida no Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación . E a Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos ( DOG do 19 de marzo ).

SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

Para o alumnado que acceda por primeira vez a un centro (Infantil de 3 anos, cambio de centro por cambios de domicilio, etc.). Os modelos de impresos estarán dispoñibles no propio centro (Secretaría) para recoller e presentar unha vez cubertos.

PRAZO: 01 ao 31 DE MARZO.

En caso de haber menos solicitudes que plazas, serán admitidos tódolos solicitantes segundo establece a normativa. Se se dá o caso contrario, haberá que pedir máis información e recurrir a unha baremación no mes de abril de 2009.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA ALUMNOS ADMITIDOS:

PRAZO: Do 20 ao 30 de xuño.

Na Secretaría do centro hai información para consultar, e nesta web, no apartado secretaria/documentos.

Para máis información poden dirixirse ó centro ben en persoa ou chamando ó teléfono do mesmo:

982 128 848

 

Distribuir contido


by Dr. Radut