INFORMACIÓN ANPA FRIÓNS

   ANPA FRIÓNS - CURSO 2024/2025

    Dende a Asociación de Nais e Pais do colexio CEIP PL de Frións (ANPA FRIÓNS), un ano mais querémosvos dar a benvida a este centro, tanto ás novas familias coma os que xa levamos un tempo formando parte desta familia educativa.

O obxectivo da Anpa segue sendo velar polos intereses do alumnado deste centro e colaborar coa organización de actividades de interese para todos, tanto polos actos culturais (actuacións, eventos nadal, …) como de concialiación (actividades extraescolares e plan madruga). Se queredes axudar a que esta labor sexa posible facédevos soci@s tan só por  20€/curso de cota, e se queres proba a túa sorte coa lotería de nadal que temos á venda.

Para poñerte en contacto con nós: EMAIL: anpa1frions@yahoo.es

https://www.facebook.com/anpa.frions ou falando cos membros da directiva.