Skip to Content

Educación primaria

Extra.- Xadrez. Campionato Provincial

Monforte acolle o Campionato Provincial Escolar de Xadrez

05/05/2015 - Deportes

O vindeiro domingo día 10 de maio celebrarase, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, o Campionato Provincial Escolar de Xadrez.

Este campionato está organizado pola Xunta de Galicia dentro do programa Xogade de Deporte Escolar e o Club Xadrez Forte, e conta coa colaboración do Concello de Monforte.

O horario do campionato será de 10:30 a 17:30 horas.

Un total de vinte rapaces/as de Monforte se clasificaron para esta fase final da competición escolar de xadrez correspondente ó curso 2014 – 2015.

Comp.- Obradoiros de cociña CEIP Fondo-Nois

Extra.- Excursión Á Coruña (e III)

3ª parte da reportaxe gráfica sobre a excursión Á Coruña feita polo alumnado de Educación Primaria. Neste caso, coas fotos de 1º, 2º e 3º cursos de EP:

 

 Temas relacionados:

Extra.- Excursión Á Coruña (I): 4º, 5º e 6º.

Extra.- Excursión Á Coruña (II): 2º e 3º.

LUGARES E EXPOSICIÓNS VISITADOS CON LIGAZÓNS

Extra.- Excursión Á Coruña (II)

Fotos da 2ª parte da excursión Á Coruña: alumnado de 2º e 3º cursos de EP.

TEMAS RELACIONADOS:

Extra.- Excursión Á Coruña (I)

Extra.- Excursión Á Coruña (e III)

LUGARES E EXPOSICIÓNS VISITADOS CON LIGAZÓNS

Extra.- Excursión Á Coruña (I)

1ª parte das fotos da excursión á Coruña:

(A) MAÑÁ: 4º, 5º e 6º cursos. 1.- Saída de Nois. 2.- No obelisco do Milenio en Labañou. 3.- Visita ao MUNCYT da Coruña.

(B) SERÁN: 4º, 5º e 6º cursos. 4.- Museo de Belas Artes da Coruña, exposición "O primeiro Picasso; A Coruña 2015". 5.- Chegada, e finalmente todos xuntos, no parque do monte de San Pedro. 6.- Volta e chegada a Nois.

 

PARA VER MÁIS FOTOS DOUTROS CURSOS:

 

TEMAS E LUGARES CITADOS CON LIGAZÓNS:

Extra.- Excursión de fin de curso (5º e 6º)

Xa temos a reportaxe fotográfica do que lles aconteceu aos participantes na excursión de fin de curso para o alumnado de quinto e sexto cursos. A viaxe tivo como destino unha fantástica estadía de catro días n'O Grove, onde realizaron unha chea de actividades que xa veredes o divertidas que foron:

Biblio.- Artes: "O cadro que máis me gusta" visita as familias de 3º

 

No medio de tanta arte, tivemos tamén unha lembranza para as nosas familias, en forma de agasallo de arte. Por iso este curso visita as familias de 3º o noso proxecto O cadro que mais me gusta:

Semana das artes plásticas da Mariña no CENIMA (Foz)

Hoxe visitamos o CENIMA co gallo da exposición que alí se organiza para a Semana das artes plásticas da Mariña:

Biblio.- Lecturas: poesía en 3º curso

Prim: do Sol a Xúpiter

Animación que che fai viaxar do Sol até Xúpiter na velocidade da luz

E se te atopases cun fotón que acaba de saír do Sol a seguir viaxe até Xúpiter? No vídeo feito polo artista americano Alphonse Swinehart simúlase unha viaxe do Sol até Xúpiter á velocidade da luz.

Unha das reflexións máis interesantes sobre o vídeo é pensar como os impresionantes 299.792.458 m/s da luz son, na realidade, lentos se levarmos en conta a inmensidade do espazo. Velaquí o vídeo:

 

Subscribirse a este contido