Skip to Content

Música

Festival das Letras Galegas

Para o vindeiro día 18 de maio estamos a preparar un pequeno festival dedicado a homenaxear a Manuel María, autor ao que se homenaxea neste día das Letras Galegas 2016.

Cada curso preparou unha actuación (baile, canción, lectura de poemas,...) e estará disposto a ofrecela a quen queira vir polo colexio o vindeiro mércores pola tarde.

O programa será o seguinte:

Musicogramas

Non é a primeira vez (nin será a última) que falamos na clase dos musicogramas, unhas representacións gráficas que nos permiten seguir a audición dunha obra musical dun xeito moito máis sinxelo. Cada cor representa unha parte da canción.

Musicograma

Música: Os grandes compositores

Na clase de sexto estivemos traballando sobre os grandes compositores da historia. Para este primeiro achegamento fixemos unha posta en común sobre os nosos coñecementos previos sobre o tema e, dos nove compositores que sabiamos escollemos tres para facer os nosos traballos: Beethoven, W.A. Mozart e J. S. Bach.

Música: Aprendemos as notas

Na clase de segundo xa sabemos onde situar as notas nun pentagrama, mais por un día pasamos nós a ser as notas de música.

Co noso "pentagrama" (de momento só con tres liñas) no chan fixemos o xogo "Preparados, listos, FA" no que, por parellas, o alumnado vai correndo ata situarse na liña ou espazo correspondente do pentagrama e así reforzar a aprendizaxe das notas. Divertido, nonsi?

Día de Rosalía de Castro 2016

 

De 2016-02-24 Día Rosalía (1ª sesión)

 

Hoxe sumámonos á conmemoración do Día de Rosalía de Castro 2016 xunto aos actos promovidos pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). O 24 de febreiro foi fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora.

 

 

 

 

NOVOS VÍDEOS DA CELEBRACIÓN

1) LECTURA MUSICAL DUN POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO

2) REPRESENTACIÓN CON SOMBRAS DA NENA ROSALÍA

 

Comp.- Día da paz 2016

Inf: Cancións (3 anos)

De Subscribirse a este contido