Skip to Content

normalización

EDLG: Revista DÍA A DÍA Nº 32.

 
 
 
 
Podes premer na imaxe para descargar a revista en PDF.

EXPOSICIÓN DE CARICATURAS DE XELA ARIAS.

Aquí tedes o gran resultado da exposición de caricaturas realizadas polo noso alumnado sobre Xela Arias, autora homenaxeada nas Letras Galegas. 

 

 

(Premede nas imaxes para amplialas)

 

 

DÍA DE ROSALÍA.

O pasado 24 de febreiro celebramos o “Día de Rosalía de Castro”, data na que se conmemora o seu nacemento. O alumnado do noso centro realizou varias actividades na aula para celebrar este día.

- Os alumnos e alumnas de 3º e 4º elaboraron un mural de Rosalía ao estilo Andy Warhol e compuxeron uns vídeos. Podedes ver o seu traballo a continuación:

 

- Os alumnos de 2º de Primaria realizaron unha unidade didáctica sobre a vida de Rosalía e o poema "Follas Novas". Podedes ver as imaxes premendo na foto:

Biblio: Día de Rosalía

O venres 23 de febreiro, os alumnos de 5º curso de Educación Primaria interpretaron unha obra de teatro sobre a vida e obra de Rosalía, co fin de conmenorar o citado día.

Podedes ver as fotos da celebración pinchando na imaxe de abaixo.

EDLG: Chea de vida

Mil nenas e nenos cantan a coro en Navantia a canción "Chea de vida" con Guadi Galego e Guille Fernández, dirixidos por Ramón Bermejo.

Trátase dunha actividade dentro do marco da celebración do día das letras galegas do 2017.

Este proxecto contou coa axuda da Secretaría Xeral de Política lingüística e da empresa Navantia.

¡Grazas a todos e todas as que fixeron posible este proxecto!

EDLG: léxico galego de Asturias

6 Xuño, 2017

As palabras galegas vivas na comarca de Eo-Navia.

O traballo fornece un glosario mais información da situación legal (PDF 6'7MB)

 

27 Febreiro, 2017

Un espazo para falar dos nomes galego-asturianos das especies vexetais

EDLG: inicio dicionario galego-catalán

TOCARLLE O NABIZO a un galego vén sendo o mesmo que TOCAR EL QUE NO SONA a un catalán... as frases feitas son aínda máis interesantes e divertidas se se aprenden por comparación! Hoxe un CORPUS FRASEOLÓXICO BILINGÜE CATALÁN-GALEG

http://portaldaspalabras.gal/ligazons/

 
 
13 Xuño, 2017

As relacións entre a nosa lingua e o catalán, a través da fraseoloxía. Inclúe un cumprido corpus bilingüe (PDF, 1'7 MB)

EDLG: Videodenuncia marxinación galego no cinema

 
Praza Pública (praza.gal)
O vídeo salienta que só o 27% das producións audiovisuais galegas son gravadas en galego
Romero insire imaxes das películas distribuídas internacionalmente no catálogo Films from Galicia da AGADIC. E lembra que o 69% das producións son gravadas en castelán e só o 27% en galego
O vídeo salienta que só o 27% das producións audiovisuais galegas son gravadas en galego

Comp: Letras galegas 2017 (+ vídeos)

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut