Skip to Content

Audiovisual

CONCERTO DE CÉ ORQUESTRA PANTASMA.

O pasado xoves, 11 de maio, dentro do noso proxecto en conmemoración do Día das Letras Galegas, tivemos a animada visita de César Freiria, máis coñecido coma Cé Orquestra Pantasma, que nos fixo cantar e bailar sen parar. Ademais tróuxonos un montón de xogos e xoguetes tradicionais e así gozar dun tempo todos xuntos. Foi moi divertido!

LETRAS GALEGAS 2023. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

A Real Academia Galega adícalle a Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 - Vigo, 2010) o Día das Letras Galegas 2023.

Dende a biblioteca deixámosvos varios enlaces con información da súa vida e obra.

 

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". Capítulo 9.

O noso alumnado déixavos un novo capítulo do Programa "TAS OU NON TAS", onde nos fala das piñas dos piñeiros, máis coñecida na nosa zona por CAROCAS.

Coma sempre, quedou xenial! Parabéns!

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". CAPÍTULO 8.

O noso alumnado segue editando e protagonizando o programa "TAS OU NON TAS". Este novo capítulo está adicado a un término moi nomeado na nosa zona, a palabra "Naide". 

Non o perdas!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. (8M)

O pasado 8 de marzo conmemoramos no noso centro o Día Internacional da Muller, pretendendo sensibilizar e promover a igualdade no noso alumnado como base de respecto e tolerancia entre as persoas.

Para isto realizamos diferentes actividades, entre elas:

  • Un photocall de ás con plumas decoradas polo alumnado.
  • As alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria leron contos sobre biografías dunha gran variedades de mulleres pioneiras en diferentes campos ao resto de alumnado.
  • Por titorías, colaboramos co Concello na elaboración dunha alfombra en forma de lazo que se colocou na Praza do Concello.

 (Preme na imaxe para ver o vídeo)

NOVAS DE ÚLTIMA HORA.

PERCORRIDO DO FACHO OLÍMPICO.

A viaxe do facho olímpico comezou co aceso da chama en Olimpia e rematará coa iluminación do caldeiro olímpico durante a cerimonia de apertura que terá lugar no CEIP FONDO NOIS o vindeiro 17 de febreiro, ás 12.30 horas.

XOGOS COOPERATIVOS "DÍA DA PAZ".

Con motivo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, en cada aula elaboramos diferentes xogos cooperativos con material de refugallo e así gozar conxuntamente de todos eles. Pasámolo xenial!  

(Podedes ver o vídeo premendo na imaxe)

ECO-AUDITORÍA DA AUGA NO CENTRO ESCOLAR.

Onte, os alumnos de 2º, 3º e 4º de Primaria recibiron na biblioteca a actividade ECO-AUDITORÍA DA AUGA NA CASA E NO CENTRO, impartida por Martina e Manuel da Universidade da Coruña, na que reflexionamos sobre o consumo de auga e o seu derrame e coñecimos diferentes formas para reducilo a través dunha experiencia práctica nos lavabos do centro.

Esta actividade está organizada pola Universidade da Coruña, no marco do Proxecto Educando para a Sustentabilidade e patrocinada pola Fundación Alcoa dentro do proxecto "Mariña Ambiental".

(Preme na imaxe para ver as fotos)

CELEBRACIÓN DO NADAL.

O pasado 22 de decembro, para rematar o primeiro trimestre e comezar as vacacións de Nadal, realizamos diferentes actividades especiais: recibimos a visita de Papa Noel, participamos en diferentes obradoiros de construción de xogos, celebramos as badaladas de Fin de Ano, entregáronse os diplomas e medallas do Xacobeo Mariñán ao nenos e nenas que remataron as rutas e disfrutamos dunha gran variedade de actuacións protagonizadas polo alumnado. 

A continuación deixámosvos varios visionados das mesmas.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut