Skip to Content

Benvida

BUSCA DE BICHOS NOS RECREOS.

Todos os mércores saímos da biblio para buscar bichos por todo o patio.

VÍDEO FORMIGAS.

Vídeo realizado polo alumnado de 3º de Primaria, onde nos explican a interesante vida das formigas.

 

LETRAS GALEGAS. LUISA VILLALTA.

Compartimos todas as actividades realizadas co noso alumnado para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024, adicadas a LUISA VILLALTA GÓMEZ.

os 

TEATRO. "FELIZ FEROZ"

Desde a biblioteca deixámosvos a obra teatral adaptada do conto "Feliz Feroz", escrito polo autor "El Hematocrítico" protagonizada polo alumnado de 5º de Primaria. Parabéns artistas!

 PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

EXCURSIÓN 5º E 6º DE EP

O alumnado de 5º e 6º de EP realizaron unha saída este martes, 28 de maio. 

Na mesma, visitaron o centro Niemeyer de Avilés, onde lles explicaron a historia do centro, realizaron unha visita polo mesmo e contemplaron o cadro "La Monstrua vestida" de Juan Carreño (Exposición temporal por pertencer ao Museo do Prado).

Logo fixeron unha parada en Muros del Nalón, na praia Aguilar, lugar onde tamén tomaron a comida.

Por último, visitaron el Parque de la Vida (en Luarca), onde puideron estar en contacto coas serpes e visitaron as diferentes instalacións. 

Podedes ver as fotos premendo na imaxe

"ÑAC-ÑAC O MONSTRO COMELIBROS".

Dende a biblioteca, deixámosvos os debuxos realizados polo alumnado de 1º de Primaria, relacionados co conto de Emma Yarlett, "ÑAC-ÑAC O MONSTRO COMELIBROS". 

EXCURSIÓN BELELLE 3º E 4º PRIMARIA

O alumnado de 3º e 4º de EP realizaron unha saída á Granxa Escola de Belelle, no concello de Neda, na Coruña.

Na mesma, o alumnado participou en diversas actividades (obradoiro de pan, de equitación, de bosque, de animais...) que contribuíron ao seu achegamento ao mundo rural.

Resultou unha experiencia moi positiva para todos. 

Para ver as fotos, preme na imaxe.

Feliz Día das Letras Galegas 2024.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut