Skip to Content

SESIÓNS DE CINE NOS RECREOS.

Despois das obras, por fin podemos voltar á biblioteca nos recreos, retomando o noso proxecto "Estamos rodeados". Todos os xoves teremos unha sesión de cine, na que se proxectarán os capítulos da serie de animación "Diminutos". Anímate a vir! 

NADAL 2023

O 21 de decembro celebramos no colexio a despedida do ano. Foi un día moi divertido. Podedes ver un resumo premendo na imaxe.

XOVES, 21 DE DECEMBRO.

VISITA DA APALPADORA

Hoxe tivemos a grata visita da filla do apalpador, Antía Vázquez, acompañada do músico André Espiñeira, para deleitarnos cun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturaron cantigas, lendas e dinámicas. 

Esta actividade está organizada pola Vicepresidencia da Diputación de Lugo co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal e ofrecer a nenas e nenos unha proposta de lecer en galego nestas datas.

25 N. DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Dende os Equipos de Biblioteca e EDLG e con motivo do 25 N, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER reivindicamos os dereitos das mulleres e das nenas no DEPORTE.

 Actividades realizadas:

  • Contacontos nas aulas de Educación Infantil e Primaria:

             - Nin un biquiño á forza. (Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria).
             - O teu corpo é teu. (3º e 4º de Primaria)
             - Iriña bailarina. (Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria)

  • Charla de Andrea de Luis Iglesia. Árbitra de fútbol-sala.
  • Charla sobre a historia do deporte feminino e das desigualdades actuais no mesmo. (4º, 5º e 6º de Primaria)
  • Visionado e posta en común da película “Quiero ser como Beckam”. (4º, 5º e 6º Primaria).
  • Obradorio de estereotipo e respecto á intimidade. Asociación Cromosomos X.
  • Coñecer a diferentes mulleres galegas deportistas (lecturas, investigación, murais…) AXENDA 2022, elaborada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.

            O DEPORTE NON TEN XÉNERO!

 

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

O pasado venres 10 de novembro, celebramos o MAGOSTO no noso centro, levando a cabo diferentes obradoiros relacionados co outono e a degustación das castañas.

CHARLA SOBRE RECICLAXE/COLECTOR MARRÓN

O pasado luns, 6 de novembro, o alumnado de Primaria participaron nunha interesante charla sobre a recollida selectiva de orgánicos na nosa bisbarra, dentro da campaña Que non che entre o pánico co orgánico, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariiña Luguesa.

OBRADOIROS COEDUCATIVOS

 No mes de outubro, o alumnado do noso centro participou nuns obradoiros de igualdade:

  • Obradoiro de vídeo pola igualdade.
  • Obradoiro de teatro pola igualdade.

Estes obradoiros están organizados pola entidade Coeduc@, en colaboración coa ANPA.

Esta entidade ten como finalidade promover a educación en igualdade nos centros educativos. 

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

 FORMACION EN IGUALDADE CANTEIRA DE IGUALDADE - Diputación de Pontevedra

SAMAÍN 2023.

O pasado martes 31 de outubro, celebramos o "SAMAÍN" no noso cole con aterradores disfraces, diferentes xogos rítmicos e bailes espeluznantes. Pasamólo terroríficamente ben!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O SAMAÍN

Aqui vos deixamos unhas recomendacións para ler nestes días de medo...

 

 

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut