Skip to Content

BENVIDA Ó CURSO 2013-2014

Estimadas familias:

Dende a ANPA Avilés de Taramancos queremos darvos a benvida ó novo curso 2013-2014, no que na medida do posible tentaremos mellorar e aumenta-los contidos do proxecto comezado no pasado curso. Convidámosvos a visítalo apartado que a asociación ten na web do centro para valorar o que como socios se pode aportar no día a día na vida do centro.

Como nais e pais temos a obriga de responsabilizarnos da educación dos nosos fillos/as e tamén a oportunidade de implicarnos nela a través da nosa participación.

Debemos ser conscientes do noso papel como parte fundamental da Comunidade Educativa e dende aqui convidámosvos a que vos fagades membros da Asociación para que co esforzo de todos consigamos o mellor para os nosos fillos/as.

A cuota anual por familia independientemente do número de fillos será de 20,00 €.

Descargate aqui o formulario para inscribirte na A.N.P.A.



page | by Dr. Radut