Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNOS CURSO 2013/14

Do 5 ao 17 de Abril estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión para novos alumnos de cara ó curso 2013/14. O impreso poderase recoller na Secretaría do Centro ou descargalo desta páxina WEB. Haberá xornada de portas abertas do 2 de Abril ata 5 de Abril de horario de 16:00 h. ata 18:00 h.

Documentación a presentar:

- Solicitude de admisión (ANEXO II)

- Ficha de recollida de datos persoais facilitada polo centro

- Fotocopia Libro de Familia

- Fotocopia Tarxeta Sanitaria

- Fotocopia da cartilla de vacinacións

- Fotocopia do DNI dos pais

- 3 Fotos de carnet do neno/a

No caso de ser un alumno/a con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) deberase entregar documento xustificativo de dita situación.

No caso no que os pais do neno/a que solicita praza no centro estean separados ou divorciados deberase acompañar á solicitude a sentencia de divorcio ou separación, dita solicitude deberá estar asinada polos dous pais (IMPORTANTE).

CADA ALUMNO/A SÓ PODE PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE NO CENTRO NO QUE SOLICITE PRAZA EN PRIMEIRO LUGAR, DE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE PERDERAN O DEREITO DE PRIORIDADE QUE POIDAN CORRESPONDERLLE.

O alumnado que este matriculado no centro este curso salvo aviso por parte das familias enténdese que continuan para o próximo curso. Se por algunha razón ten pensado cambiar de centro deberán solicitalo por escrito, xa que non se pode facer reserva noutro centro sen antes avisar da baixa neste.

Pode consultar a orde que regula o proceso de admisión aquí.

Pode descargar os archivos nos seguintes enlaces:

ANEXO II

FICHA DE RECOLLIDA DE DATOS

Unha vez descargados pode cumprimentalos electronicamente (no ordenador), imprimilos e entregalos no Centro.

 

 



page | by Dr. Radut