Este proceso está regulado pola Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG. nº 230 13/11/20).
 
DESTINATARIOS:
Alumnado de educación primaria que pertenza a unidades familiares cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros no exercicio de 2018 ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
 
SOLICITUDES:
1.- O alumnado que foi beneficiario da axuda para material escolar no curso 2020-21 (actual), non terá que presentar solicitude.
2.- O resto de alumnado que cumpra coas condicións de renda e/ou discapacidade antes sinaladas presentará unha solicitude por medio dos proxenitores ou titores legais mediante o formulario normalizado.
O impreso de solicitude obterase no centro docente, no portal educativo http://www.edu.xunta.gal ou na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal
 
PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación será ata o 27 de novembro inclusive.
As solicitudes presentaranse no centro e estarán acompañadas da documentación seguinte:
a) Anexo II debidamente cuberto e asinado.
b) Copia do libro de familia onde figure o/os alumnos/os e os demais membros computables. Se algún membro computable non figurase no mesmo, poderase acreditar mediante o certificado ou volante de convivencia ou mediante informe dos Servizos Sociais do Concello.
c) En caso de separación ou divorcio a sentenza e/ou convenio regulador onde figure a custodia do menor.
d) Certificación da discapacidade do alumno/a ou dalgún familiar, se non é da Xunta de Galicia.
e) Documentación acreditativa de violencia de xénero, se houbese.
Esta documentación non será necesaria se xa foi presentada no seu día para a axuda de libros no curso 2020-21.
A documentación será a correspondente aos datos a 31 de decembro de 2018 e presentarase orixinal e copia para o seu cotexo.


O centro  quere insistir novamente no respecto ás horas escalonadas de entrada. Lembramos que o horario é o seguinte:

- 9:20: Quintos, primeiros e alumnado de 4 anos.

- 9:25: Sextos, segundos e alumnado de 5 anos.

- 9:30: Cuartos, terceiros e alumnado de 3 anos.

TODO o alumnado agás o transportado deberá entrar ao recinto como máximo 5 minutos antes da hora da súa quenda para favorecer as entradas. Polo tanto, o centro abrirá as súas portas ás 9:15 horas para dar entrada á 1ª quenda, 5 minutos despois poderá entrar a seguinte quenda e, o mesmo procedemento, para a derradeira. INSISTIMOS no respecto das mesmas.

Unha vez feitas as entradas, pregamos ás familias, abandonen as inmediacións do centro á maior brevidade posible. Gracias.

A dirección

 


Prezadas familias:

Recordámoslles que na sección TICs (Recursos), que poden atopar na columna dereita desta páxina web, teñen información de interese sobre aspectos relacionados coa Aula virtual.

Esperamos que sexan de utilidade.

Saúdos,

A directora.

 


Estimadas familias:

Lembrámosllles que o vindeiro luns 2 de novembro NON haberá clase ao ser aprobado como día non lectivo.Saúdos.

A dirección.

 


Estimadas familias:

Lembrámoslle como realizar as entradas e saídas do centro escolar, especialmente nos días de choiva no seguinte arquivo adxunto.

Atentamente.

Equipo Covid.

 


Prezadas familias:

A Consellería de Educación vén de publicar a seguinte carta-modelo de comunicación.

O centro comunicarase coas familias a través de abalarMóbil, polo que deben descargar dita aplicación. Poden facelo nos seguintes enlaces:     Para Android      Para IOS

Saúdos,

A directora.

 

 

 


Estimadas familias:

A continuación publicamos o Plan de Adaptación á situación Covid do noso centro.

Un saúdo,

A directora.

 


Estimadas familias:

Segundo as últimas instrucións da Consellería, a orde de incorporación do alumnado ao curso escolar 2020-2021 será a seguinte:

Xoves, 10 de setembro: 3 e 4 anos (Educación infantil), 1º, 2º e 3º (Educación primaria).

Venres, 11 de setembro: 5 anos (Educación infantil), 4º, 5º e 6º (Educación primaria).

Saúdos,

A directora.

 

 


Estimadas familias:

Ao longo da próxima semana os pais/nais que o desexen poderán acudir ao centro en horario de 10:00 ás 13:00 horas e recoller os vales de material de 1º a 6º de Educación Primaria.De non ser así, poderán recollelo no mes de setembro.

Así mesmo lembrar ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria que os vales dos libros pendentes de recoller o fagan nas mesmas datas e horario.

A directora

 


Estimadas familias:

Faise pública a listaxe definitiva de beneficiarios de fondo libros ( de 3º a 6º de Educación Primaria ) para o vindeiro curso escolar 2020/2021. Para consultar a mesma tedes a vosa disposición distintos medios:

- Acudindo ao centro en horario de 10.00 ás 13.00 horas: listaxes expostas no taboleiro.

- Chamando ao número do centro 881880455.

- Enviando correo electrónico a ceip.eugenio.lopez@edu.xunta.es.

- A través da aplicación fondo libros, no menú cidadáns: necesario dispoñer da chave 365 ou certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda eTimbre.

Saúdos

A dirección

 


Seguindo as instruccións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, debido á situación que estamos a vivir como consecuencia do coronavirus, os centros educativos temos a obriga de publicar as programacións adaptadas de cada nivel e materia.

 

Powered by Drupal - Design by artinet