SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Estimadas familias:

O prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso estará aberto desde o día 01 ata o 22 de marzo, ambos inclusive.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e seleccionar a opción de menú "Solicitudes-Admisión-Crear". Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela "Confirmar solicitude". Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón "Confirmar" e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital; para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú "Solicitudes-Admisión-Crear". Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela "Confirmar solicitude". Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón "Confirmar" e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente. IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación). Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro:

Documentación a presentar: Fotocopia libro de familia ; sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso; e documento acreditativo da discapacidade do alumn@,irmáns, proxenitores ou titores legais, de ser o caso.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

Powered by Drupal - Design by artinet