AVISO IMPORTANTE

O vindeiro luns iniciaranse obras no centro educativo,polas cales, debemos modificar provisionalmente as entradas e saídas do alumnado de 1º,2º e 3º. Estas modificacións afectarán aos días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro segundo o previsto.

O alumnado afectado procederá do seguinte xeito:

- O día 30 de novembro: O alumnado entrará como viña facendo e sairá 1º e 2º pola porta principal e pola saída de 4º, 5º e 6º ( polideportivo ).

- Os días 1 e 2 de decembro: o procedemento será o seguinte: 

*: Entradas e saídas no horario habitual ( 9:30 e 14:30 ) pola entrada do polideportivo, facendo filas na pista vermella. O alumnado transportado dirixirase á mesma pista unha vez entre ao recinto educativo.

* 1º e 2º: Entradas e saídas no horario habitual ( 9:20 e 14:20 os primeiros e 9:25 e 14:25 os segundos) pola porta principal, rodeando o comedor do centro e facendo filas no patio cuberto.

Se se producisen retrasos nas obras actuarase da mesma maneira os días necesarios.

Desculpen as molestias. Un saúdo.

A dirección

Powered by Drupal - Design by artinet