Curso 2009/2010
O Entroido en imaxes
Aquí tedes un slide con algunhas fotos do Entroido deste ano, xa sebades que se queredes ver máis fotos só tedes que ir á galería de fotos da páxina ou pulsar aquí.
CHEGA O ENTROIDO

Chega o entroido, xa sabedes o próximo venres celebraremos o Entroido no colexio, para "ir quentando motores" tedes aquí un enlace co "recanto de Mik", cheo de actividades, curiosidades e información...
DIA DA PAZ
Como xa sabedes o día 30 de xaneiro conmemórase en todo o mundo o "Día Internacional da Paz e da Non Violencia". No noso centro celebrarémolo o venres 29 a partir das 12:30 h cunha serie de actividades: cancións, lectura de contos, vídeos ... Canción para Infantil e 1º ciclo: "O mundo é grande" (Música. Leroy Anderson, letra: Mamá Cabra)
Canción en galego: Mercedes Peón ("Paralá")
Canción en castelán: Cómplices ("Verdad que sería estupendo")
Canción en inglés: Michael Jackson ("We are the world")
Enlaces de interese: O recanto de Mik
Seminario Galego de Educación para a Paz
O Apalpador
Quen é o Apalpador?
O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas. Para saber máis pica AQUÍ.
ESPECTÁCULO CIRCENSE POLO NADAL: "CIRCAMPESTRES"
Así ó longo da hora, o público gozará de maxia, monociclo, malabares e sobre todo dun amplo sentido do humor desenvolto por estes dous personaxes.

SUSPENSIÓN DAS CLASES DÍA 16 DE DECEMBRO
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases dos centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.
Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
LEMBRAMOS OS DEREITOS HUMANOS
Co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS @s alumn@s de EI e @s de 6º fixeron uns orixinais murais para lembrárnolo a tod@s. Se queredes ver as fotos dos mesmos visitade a Galería. ¡Animádevos!
Declaración dos Dereitos Humanos
O 10 de decembro de 1948, xa hai 61 anos, declaráronse os nosos dereitos. A partir de ese momento quedou escrito para sempre que todos somos iguais e que somos libres, que temos os mismos dereitos e as mismas liberdades. Foi feita pola Organización das Nacións Unidas (ONU), onde se reúnen a maioria dos países do mundo.
Se queres coñecer os 30 artigos da declaración pincha aquí:
A Declaración dos Dereitos Humanos, aínda que quizais precises que un adulto che axude. E se queres saber máis da ONU podes pinchar aquí, e facer unha visita virtual por ela.
Para que che sexa máis facil entendelo podes darlle aquí e xogar con "Humanito" (podes decargalos no teu ordenador ou xogar en líña). E se nesa páxina lle das ó "índice de pasatempos", poderás xogar a moitos outros..., ¡¡¡¡Dalle e proba!!!!
A xente está a loitar moito para que os nosos dereitos non sexan aplastados, unha forma de loitar é transmitir a información e a través das curtas (películas pequenas), aquí tes algúnhas:
Curta Declaracións dos Dereitos Humanos e responsabilidade social
A Declaración dos Dereitos Humanos
Outra forma é a traves da música:
"QUE CANTEN LOS NIÑOS" Jose Luis Perales
Unámonos por un mundo mellor
