Skip to Content

UN CANAL DE YOUTUBE MOI MUSICAL

 

Boas familias! Esta semana tráiovos unha proposta moi musical! Como xa sabedes a nosa querida profe Gloria forma parte do grupo musical Mamá Cabra e no seu canal da plataforma Youtube poderedes atopar dende prácticas de pequenas pezas coa melódica ou a frauta ata pezas musicais da súa colleita. Tamén atoparedes vídeos mostrándonos a súa “fraga” xa que é unha namorada da natureza.

Pasádevos polo seu canal “Gloria Mosquera Roel” e a bailaaarrr!!

Véxovos a próxima semana!!

INSTAGRAM PARA COMPARTIR RECURSOS

 

Boas familias! A semana pasada presentabámosvos o proxecto que íamos desenvolver ao longo do curso no cole e as miñas redes sociais onde presentaríamos as diferentes actividades. Pois ben, as seguintes semanas vouvos ir mostrando diferentes plataformas ou redes que utilizan algúns dos mestr@s do cole para que sigades o seu traballo.

Esta semana vou comezar coa nova chegada ao centro e non é nin máis nin menos que coa profe María Otero, titora dun dos sextos do noso cole. María ten un perfil de INSTAGRAM chamado @wearewhatwelearn   no cal poderedes atopar xogos e actividades. Botádelle un ollo porque hai propostas moi interesantes.

Espero que vos guste!!

Véxovos a próxima semana!!

BECAS NEAE 2020/21

Na marxe esqueda desta páxina, no apartado de orientación, atoparedes toda a información sobre as becas NEAE

CANDO COMEZAN AS CLASES?

Seguindo a Resolución do 1 de setembro de 2020 o alumnado incorporarase de xeito gradual:

O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil; 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.

O día 11 de setembro incorporarase (engadíndose aos anteriores) o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

REUNIÓN INICIAL FAMILIAS (Actualizado, grazas!)

*As familias esperarán na pista verde á hora indicada.

*Só está permitido unha persoa por familia.

*Lembrade o uso obrigatorio da máscara.

*Os/as nenos/as non poden acudir á reunión nin ao patio.

INICIO DE CURSO 2020/21

Estimadas familias,

Dende o centro estamos a traballar para que a volta ás aulas dos vosos/as fillos/as sexa o máis segura posible. Nesta primeira semana habilitaremos na web un espazo con todos os documentos que establecerán a organización e funcionamento nesta situación.

NOTAS:

*Regresamos ás aulas o xoves 10 e o venres 11 de setembro (Resolución do 1 de setembro de 2020).

*A entrega de libros de texto do fondo (alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria) prevista para o venres 4 posponse a vindeira semana.

*Estade pendente da web do centro para estar informados.

 

INFORMACIÓN FONDO LIBROS, AXUDA LIBROS E VALES MATERIAL

Información das datas:

  • PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS FONDO LIBROS: 6 DE XULLO.
  • RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS FONDO LIBROS: 7 E 8 DE XULLO NA SECRETARÍA DO CENTRO.
  • PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS: 10 DE XULLO.
  • ENTREGA DE VALES PARA LIBROS DE TEXTO E VALES PARA MATERIAL: 9-13 DE XULLO DE 10:00-13:00 HORAS.
  • ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO DE LIBROS: 4 DE SETEMBRO (11:00-13:00 HORAS).

As listaxes estarán publicadas no taboleiro interior do centro (contigua a secretaria), non poden ser publicadas a través desta web pola protección de datos.

Os vales non recollidos no mes de xullo, poderán recollerse o día 4 de setembro na secretaría do centro en horario de 11:00-13:00 horas.

As datas poden verse modificadas por calquera imprevisto na xestión da aplicación fondolibros. Polo tanto, estade atentos a esta páxina web.

 

PRAZO DE MATRÍCULA ALUMNADO NOVO NO CENTRO (CURSO 2020/21)

O prazo de matrícula para o alumnado que se incorpora a este centro será do 1 ao 10 de xullo en horario de 10:00-13:00 horas.

Premendo nos seguintes enlaces atoparedes os documentos para a súa formalización:

       -Anexo III: Formalización de matrícula (na parte de abaixo relaciónanse os documentos a aportar).

       -Enquisa lingua materna (só para 4º de Educación Infantil).

       -Solicitude de transporte.

       -Formulario de inscrición no programa Alerta Escolar, de ser o caso.

Nota: preme nos enlaces para recibir información sobre o Programa Mañanceiro do Concello de Cambre, comedor e actividades extraescolares do ANPA.

Distribuir contido


by Dr. Radut