Skip to Content

CIRCULAR COMEDOR + UNIFORMES

CIRCULAR COMEDOR E UNIFORMES DO CURSO 2017-2018

Estimadas familias:

Dende a ANPA, aproveitamos para informarvos que para o próximo curso académico, o comedor seguirá coordinado pola ANPA.

O proceso de inscrición terá lugar dende o 7 ao 16 de xuño. Tendes que entregar os impresos correctamente cubertos na oficina da ANPA en horario de 16:45 a 17:30 de luns a venres.

Os impresos de solicitude de praza no comedor podédelos atopar na páxina web do colexio no apartado ANPA-comedor ou na nosa oficina.

En canto os uniformes escolares, voltamos a tenda coa que xa traballaramos anteriormente (DARCOS). A reserva poderase facer na propia tenda ou no teléfono 981 13 99 97. As reservas realizadas antes do 30 de xuño terán un desconto do 10%.

A ANPA

Brexo Lema, 7 de xuño do 2017



page | by Dr. Radut