CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020-2021

Calendario Escolar para o curso actual. Incluímos os días non lectivos, específicos, do noso centro.

INICIO CURSO ESCOLAR 2020-2021

Estimados pais/nais:

Iniciamos este curso coa ilusión do reencontro cos nosos nenos e nenas, pero tamén con incerteza ante as medidas a tomar neste escenario que nos tocou vivir.

Sabemos e entendemos, tamén, a vosa preocupación por este inicio de curso.

No colexio, estamos ultimando o protocolo de actuación para poder dálo a coñecer, canto antes, á Comunidade Educativa. En canto estea listo, o publicaremos, e faremos un resumo dos puntos máis importantes das medidas obrigatorias de prevención e seguridade que debemos cumprir para defendernos entre tod@s.

Estade atentos á páxina web, e tamén ao TokApp, xa que seguimos en contacto,

Un saúdo,

As mestras e mestres do cole.

 

 

 

Un saúdo...

LIBROS DE TEXTO PRIMARIA CURSO 2020-2021

LIBROS DE TEXTO 1º EP

LIBROS DE TEXTO 2º EP

LIBROS DE TEXTO 3º EP

LIBROS DE TEXTO 4º EP

 

5º e 6º EP participan no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) polo que non empregan libros de texto.

 

 

COMEDOR ESCOLAR: AUTODECLARACIÓN

MODELO-IMPRESO de autodeclaración dos prezos públicos pola utilización do comedor:

Deberán ser entregadas no colexio cubertas antes do 11 de setembro de 2020.

Para a súa entrega:

- Por correo electrónico, preferiblemente:

ceip.eladia.marino@edu.xunta.es

- De modo presencial entre os días 2 e 10 de xullo de 2020.

AUTODECLARACIÓN

 

O Equipo Directivo

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS. 3º TRIMESTRE.CURSO 2019-20

Seguindo o establecido nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

* Adaptación Programación 1º EP

* Adaptación Programación 2º EP

* Adaptación Programación 3º EP

* Adaptación Programación 4º EP

* Adaptación Programación 5º EP

* Adaptación Programación 6º EP

* Adaptación Programación Música

* Adaptación Programación Inglés

* Adaptación Programación Educación Física

* Adaptación Programación Relixión

RECOMENDACIÓNS SANITARIAS A ESTABLECER NOS CENTROS EDUCATIVOS DURANTE AS XORNADAS PRESENCIAIS E NOS PROCEDEMENTOS DE ATENCIÓN AO PUBLICO

Seguindo as RECOMENDACIÓNS SANITARIAS A ESTABLECER NOS CENTROS EDUCATIVOS DURANTE AS XORNADAS PRESENCIAIS E NOS PROCEDEMENTOS DE ATENCIÓN AO PUBLICO, que acabamos de recibir:

Deberase organizar o traballo de tal modo que se evite o contacto entre persoas ou, de non ser posible, se reduza a súa frecuencia, respectando, en todo caso, a distancia de seguridade. Deste modo, empregarase de xeito ordinario o teléfono e o correo electrónico entre o persoal e a cidadanía no centro educativo.

Para a atención á cidadanía poderanse utilizar mecanismos de organización de presenzas, como a cita previa, sempre que se garanta a recepción de solicitudes ou atención ao publico no horario habitual do centro.

POLO QUE:

Rogamos que, para poder acordar unha cita, de ser necesario acudir ao colexio, se pida telefónicamente ou por correo electrónico, para poder organizar ditas presenzas.

Agradecendo de antemán a vosa colaboración,

un saúdo,

Teléfono: 981431848

Correo: ceip.eladia.marino@edu.xunta.es

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO ESCOLAR 2020-2021 (actualizado 6-5-2020)

IMPORTANTE:

No DOG do día de hoxe (6 de maio de 2020), saíu publicada a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.

Destacamos, aquí, o acordo  sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obriga­toria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se de­clarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa pre­sentación.

2. Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020. 

LÓVA ELADIA MARIÑO

Xa podedes visitar o novo blog

LÓVA ELADIA MARIÑO

da clase de 5º de Primaria do noso colexio.

Podedes pinchar no título anterior, no noso logo, ou ben, buscar o enlace na columna da dereita. Esperamos que vos guste!

Distribuir contido