ADMISIÓN ALUMNADO CURSO ESCOLAR 2020-2021 (actualizado 6-5-2020)

IMPORTANTE:

No DOG do día de hoxe (6 de maio de 2020), saíu publicada a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.

Destacamos, aquí, o acordo  sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obriga­toria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se de­clarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa pre­sentación.

2. Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020. 

LÓVA ELADIA MARIÑO

Xa podedes visitar o novo blog

LÓVA ELADIA MARIÑO

da clase de 5º de Primaria do noso colexio.

Podedes pinchar no título anterior, no noso logo, ou ben, buscar o enlace na columna da dereita. Esperamos que vos guste!

MATERIAL ESCOLAR DO ALUMNADO curso 2019-20

MATERIAL ESCOLAR TODOS OS CURSOS:

LISTAXE COMPLETA

 

MATERIAL ESCOLAR POR CURSOS:

EDUCACIÓN INFANTIL:

- 4º EI (3 ANOS)

- 5º EI (4 ANOS)

- 6º EI (5 ANOS)

 

EDUCACIÓN PRIMARIA:

- 1º EP

- 2º EP

- 3º EP

- 4º EP

- 5º EP

- 6º EP

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019-20

Orde do 3 de maio de 2019 (DOG do 20)

Listaxe provisional de admitidos co número de libros asignados

Ábrese un prazo de 2 días (16 e 17 de xullo) para que se poidan presentar reclamacións 

(ao correo electrónico do centro:ceip.eladia.marino@edu.xunta.es)

Listaxe definitiva de admitidos cos libros asignados

IMPORTANTE: aínda que ao alumnado de 5º de Primaria se lle asignan libros, recordade que estamos pendentes da resolución definitiva do proxecto E-DIXGAL, polo que, se estamos admitidos, non se repartiran libros entre estes alumnos/as.

 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-20 PRIMARIA

 Non incluímos a listaxe de 5º EP, por ter solicitado o proxecto E-Dixgal. Informaremos tan pronto saia a resolución definitiva dos centros incluídos.

Distribuir contido